Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-332).

Por resolución desta alcaldía nº 6166/1998, do 2 de decembro de 1998, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de normalización de predios presentado por Andrés García Pazos e outra, na rúa da Areosa, parroquia de Maianca.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días que computará desde a derradeira publicación (Diario Oficial de Galicia ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 16 de decembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta