Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Leboreiro para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 033-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Leboreiro coas seguintes características:

Peticionario: Made, Energías Renovables, S.A., Paseo de la Castellana, 95-planta 29, 28046 Madrid.

Situación: concello de Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.612.550), 4.816.500); V(0.613.500, 4.816.350).

V(0.614.000, 4.814.000); V(0.615.000, 4.812.955).

V(0.613.700, 4.812.700); V(0.613.422, 4.814.482).

V(0.613.000, 4.814.000).

Superficie afectada: 334 ha.

Potencia bruta: 24,42 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 11 de xaneiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo