De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Lugo coas seguintes características:
Peticionario: Made, Energías Renovables, S.A., Paseo de la Castellana, 95-planta 29, 28046 Madrid.
Situación: concellos de Abadín, Muras e O Valadouro (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):
V(0.614.000, 4.816.000); V(0.616.300, 4.815.200).
V(0.613.300, 4.815.843,75); V(0.617.800, 4.813.500).
V(0.615.000, 4.812.953,66).
Superficie afectada: 637 ha.
Potencia bruta: 24,42 MW.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 17 de decembro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo