Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Feás.
Situación: Calvos de Randín.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 2.787 metros de lonxitude en conductor LA-56, con roixe en apoio da L.M.T. Pintas-Vila e remate no C.T. aéreo existente en Feás. C.T. intemperie de Feás con 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 1.060 metros con orixe no C.T. aéreo existente de Feás en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do
Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 14 de decembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense