Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/156-2, 5064 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Santa Isabel (Outeiro de Rei).

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. de Santa Isabel de 24 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T. de intemperie de Santa Isabel de 100 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Santa Isabel de 1.460 metros de lonxitude sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 9 de decembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo