Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos de redacción de proxecto.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se identifica a continuación:

-Redacción de proxecto do IES en Ortigueira (A Coruña).

Adxudicatario: Arquitectos IES-Ortigueira, UTE.

Orzamento: 3.160.000 ptas.

-Redacción de proxecto do centro docente nos Dices-Rois (A Coruña).

Adxudicatario: Celestino García Braña.

Orzamento: 5.700.000 ptas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria