Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.104

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 11 de xaneiro de 1999 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 1999.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 13, do xoves, 21 de xaneiro de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 718, no anexo IV, onde di: «Profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas; Nivel de complemento de destino 26», debe dicir: «Profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas; Nivel de complemento de destino 24».

Na páxina 724, onde di: «Modalidade: A; Factores: ordinaria, Médico xeral: 42,51 ptas./mes/Aseg.», debe dicir: «Modalidade: A; Factores: ordinaria; Médico xeral: 42,61 ptas./mes/Aseg.».