Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 1999 Páx. 1.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 22 de xaneiro de 1999 pola que se modifica a composición do Consello Regulador Provisional da Denominación Específica Mel de Galicia.

Por Orde do 1 de outubro de 1997 desta consellería, recoñeceuse a denominación específica Mel de Galicia para o mel producido e envasado en Galicia no xeito e condicións que determine o seu regulamento particular, e nomeouse o seu consello regulador provisional.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto, e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento nas súas funcións, agradecéndolle-los servicios prestados, dos membros saíntes do Consello Regulador Provisional da Denominación

Específica Mel de Galicia nomeados pola orde desta consellería citada anteriormente.

Artigo 2º

O nomeamento e constitución dun novo consello regulador provisional formado, por proposta dos sectores interesados, polos seguintes membros:

Presidente: Miguel Ángel Rodríguez González.

Vocais:

-Polo sector productor:

Titular: José María Seijo Coello.

Suplente: Carlos Rolán Núñez.

Titular: José Manuel Durán Orús.

Suplente: Jesús Manuel Porbén Rodríguez.

Titular: María del Carmen Moirón Rodríguez.

Suplente: Benedicto Carballeira Rodríguez.

Titular: Cesár Martínez Yáñez.

Suplente: Armando Rodríguez Losada.

-Polo sector envasador:

Titular: Abel Yáñez Armesto.

Suplente: Ángel Méndez Díaz.

Titular: Rogelio Outeda Barreiro.

Suplente: Perfecto García González.

Titular: Antonio Saavedra Pereira.

Suplente: Jesús Díaz Acebo.

Titular: José María Romero Telles.

Suplente: Manuel Gutiérrez Saavedra.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria