Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública das instalacións do parque eólico de Paxareiras II-F (Ruña). (Expediente IN661 A-96/3-1).

Para os efectos previstos no artigo 25.3º da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, no artigo 53 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, no artigo 10 do Decreto 2619/1996, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, sométese a información pública o proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública en concreto presentado por Euro Vento, S.L. (unipersoal), con enderezo social na rúa Galeras, 17, 15705 Santiago de Compostela, para el parque eólico Paxareiras II-F (Ruña).

Denominación: parque eólico Paxareiras II-F (Ruña).

Municipios afectados: Mazaricos (A Coruña).

Situación: Montes Ruña de Colúns e parcela I del Pedregal-Ruña.

O que fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e deste xeito dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1955.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Beneficiario da expropiación: Eurovento, S.L. (unipersoal).

Proxecto: parque eólico Paxareiras 2F (Ruña)Provincia: A CoruñaTermo municipal: Mazaricos

PREDIOS

PROPIETARIOS

TIPO DE

AFECCIÓN

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Expropiación

total

(m)

1Chao do FieiroMonte baixoConcello de MazaricosLugar da Picota, 15256 Mazaricos289.816

2Monte de ColúnsMonte baixoComunidade Montes en Man Común Parroquia de ColúnsLugar de Colúns, 15256 Mazaricos1.043.530

3Monte de Xián Furiño e outrosMonte baixoComunidade Montes en Man Común de Xián, Furiño, Gándara e RibeiratortaLugares de Xián, Furiño, Gándara e Ribeiratorta, 15256 Mazaricos27.600

4RuñaMonte baixoManuela (ou Hdos. de) Filgueira CarreiraLugar de Cibes, 15256 Mazaricos3.023

7BoilouroMonte baixoPedro Lado CernadasLugar de Paxareiras, 15256 Mazaricos3.100