Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 23 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación chamado Espiño número 2663, primeira fracción.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG número 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 23-10-1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominada Espiño, número 2663, primeira fracción, sito en terreos dos termos municipais de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, promovido por Granitos Fernández Fernández, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 12,5 ha comprendida dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 2 cuadrículas mineiras, delimitado polos paralelos 42º 37' 40'', 42º 37' 20'' norte, e polos meridianos 8º 42' 40'', 8º 42' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Espiño número 2663, primeira fracción, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra