Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 988

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (249/1993-2).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 249/1993-2, séguense autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra José María Ferreiro Yáñez e María Consuelo Regueiro Sánchez, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións

acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración pericial os seguintes bens embargados ós demandados:

1. Rústico, piñeiral de nome Pedrouso, no sitio de Menduíña-Aldán, no municipio de Cangas, de 610 m de superficie. Lindes: norte, Isolina Vidal Herbello e María Dolores Piñeiro; sur, Daniel Gómez; leste, camiño; e oeste, valado e Luis Bolívar. Inscrito no Rexistro da Propiedade número un de Pontevedra, no folio 47 do libro 99, tomo 918, predio número 9.677. Prezo de valoración: 610.000 ptas.

2. Rústico, piñeiral de nome Pedrouso, no sitio de Menduíña-Aldán, no municipio de Cangas, de 220 m. Lindes: norte, Benjamín Moreira López; sur, Aurora Gago Vidal; leste, camiño; e oeste, Isolina Vidal Herbello. Inscrito no Rexistro da Propiedade número un de Pontevedra, no folio 45 do libro 99, tomo 918, predio número 9.676. Prezo de valoración: 220.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena número 2 polígono das Fontiñas o vindeiro día 25 de febreiro de 1999 ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o sinalado na descrición dos bens obxecto de poxa, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV número de conta 1592/17/249/93 o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubran o tipo de poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a prol dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 25 de marzo de 1999, ás once horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 21 de abril de 1999, tamén ás once horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sirva esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non se puidese efectuar no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o quince de decembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado