Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 1999 Páx. 986

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 21 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulten seleccionados/as para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde funcionarios/as con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma

localidade cá do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

Código: OT.C04.00.001.15770.001.

Denominación do posto de traballo: subdirector xeral de Estradas.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A2 especial.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Específico: 2.316.936.

Titulación: 2004 enxeñeiro de camiños, canles e portos.

Código: OT.C04.00.001.15770.005.

Denominación do posto de traballo: Servicio de Supervisión de Proxectos.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A2 especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.703.640.

Titulación: 2004 enxeñeiro de camiños, canles e portos.

Código: OT.C04.00.001.15770.010.

Denominación do posto de traballo: Servicio de Proxectos e Obras II.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A2 especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.703.640.

Titulación: 2004 enxeñeiro de camiños, canles e portos.