Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de novembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, que ten por obxecto defini-la rasante das rúas que circundan o cuarteirón situado no solo urbano de Pastoriza, promovido por Manuel Figueiras Vitureira, en representación de INDOFI, S.L., en redactado polos arquitectos Fernando Pousada García e Ángel Ligero Martínez-Risco.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á data da publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes. (Expediente 18/98. PED).

Arteixo, 18 de decembro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde