Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 4 de xaneiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos da unidade de actuación número corenta e oito (UA-48), parcela do Balneario, desta localidade, promovido por Julia Piedad Mosquera Calvete e outros. Sómetese o expediente a información pública por prazo mínimo de vinte días mediante anuncio no DOG e no BOP, e de forma individualizada a tódolos interesados con mención dos diarios oficiais nos que se pública o devandito acordo.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo en forma nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 23/97. BE).

Arteixo, 13 de xaneiro de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde