Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Sagasta.
Situación: Pontecesures.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 360 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña P.A.D. 8.08, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa Sagasta, rematando na mesma liña, á altura das rúas Rafael Escudero e travesía Feira de Automóbiles Ocasión, concello de Pontecesures. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 460 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 23 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra