Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/328-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Santa Mariña.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 275 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña R.D.N. 7.04 na derivación ó C.T. Picota, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta na rúa Santa Mariña, rematando na mesma liña, concello de Redondela. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 23 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra