Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/317-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento Pomarco-Polig. industrial.

Situación: Ribadumia.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 230 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o centro de seccionamento do polígono industrial de Ribadumia rematando no centro de seccionamento que se proxecta en Pomarco, concello de Ribadumia. Centro de seccionamento Pomarco, con tres celas de liña C.M.L.-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra