Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 1999 Páx. 959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 24 de setembro de 1998, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de recursos sección C) da concesión derivada do permiso de investigación Cillarga 2668.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de

avaliación do impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, resolve darlle publicidade, mediante esta publicación, ó acordo do 24-9-1998, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de recurso da sección C) da concesión derivada do permiso de investigación denominada Cillarga nº 2668, sita en terreos do termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, promovido por Gravas y Áridos de Xinzo, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación de 5 cm, e o seu espacio perimetral defínenos seguintes vértices:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 34' 40''42º 12' 20''

28º 33' 20''42º 12' 20''

38º 33' 20''42º 12' 00''

48º 34' 20''42º 12' 00''

58º 34' 20''42º 11' 40''

68º 34' 40''42º 11' 40''

E foi incorporada ó expediente do permiso de investigación Cillarga nº 2668, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 18 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra