Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 936

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 1999 do concurso para cubrir prazas, en réxime de provisión temporal, de secretarías de xulgados.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día de hoxe, e de acordo co previsto na Lei orgánica do poder xudicial, en uso das autorizacións outorgadas pola Secretaría Xeral de Xustiza, acordou convocar cocurso para cubrir prazas, en réxime de provisión temporal, de secretarías de xulgados, conforme as seguintes bases:

Primeira.-As prazas que se van cubrir corresponden ás secretarías dos xulgados de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira número tres, na provincia da Coruña; Monforte de Lemos número dous, na provincia de Lugo; e Verín nº 1, na provincia de Ourense.

Segunda.-Poderán tomar parte neste concurso aqueles solicitantes que, o día no que remate o prazo de admisión, cumpran os requisitos de seren licenciados en dereito e os demais que se esixen para o ingreso no corpo de secretarios xudiciais.

Terceira.-Para a adxudicación destas prazas terase en conta a preferencia que establece o artigo 482.1º da Lei orgánica do poder xudicial, aplicándolles ós

secretarios o devandito precepto, de conformidade co artigo 38 do Regulamento do corpo de secretarios xudiciais.

Cuarta.-Os concursantes nomeados quedarán suxeitos durante o tempo en que desempeñen o cargo ó Estatuto xurídico do corpo de secretarios xudiciais e terán dereito a percibi-las remuneracións regulamentarias.

Quinta.-Os nomeamentos serán por un ano, que se poderá prorrogar por outro máis, conforme o mesmo procedemento, e os designados cesarán polas causas que establece o artigo 433 da devandita lei orgánica ou se as prazas que están a desempeñar foran ocupadas por funcionarios en servicio activo pertencentes ó corpo de secretarios xudiciais.

Sexta.-Os que desexen tomar parte neste concurso poderán dirixi-las súas instancias ó presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (edificio da Audiencia Provincial da Coruña, rúa Capitán Juan Varela, s/n, 15071 A Coruña), mediante a súa presentación na Secretaría de Goberno do devandito tribunal, ou utilizando calquera das modalidades previstas no artigo 38 da Lei de procedemento administrativo, dentro do prazo de dez días naturais a partir da publicación desta convocatoria. As instancias e documentos presentaranse por duplicado, facéndose consta-los seguintes datos:

a) Nome, apelidos, idade, copia do documento nacional de identidade, enderezo e teléfono.

b) Manifestación expresa de que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nesta convocatoria, con referencia á data en que expire o prazo de presentación de instancias, e tamén de que se compromete a presta-lo xuramento ou promesa que establece o artigo 318 da Lei orgánica do poder xudicial e de non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade a que se refiren os artigos 389 e seguintes en relación co 471 da devandita lei.

c) Indicación concreta da praza ou prazas, por orde de preferencia, á que aspiren de entre as convocadas a concurso.

d) Relación de méritos, que se considere oportuno alegar, determinantes de preferencia coa documentación xustificativa do expediente académico universitario do solicitante.

e) Compromiso de tomar posesión da praza na que sexa nomeado nos prazos previstos polas disposicións legais, unha vez prestado o xuramento ou promesa mencionado.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1999.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia