Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 935

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO.

Resultando infructuosas as xestións realizadas para notificar no domicilio do seu destinatario a resolución do recurso ordinario interposto contra resolución da Oficina Territoral de Traballo de León que se relaciona no anexo, procédese a efectua-la dita notificación mediante a publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último enderezo e a inserción deste no Diario Oficial de Galicia, para que produza os efectos legais previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Infórmaselle que o texto íntegro está de manifesto e á súa disposición na Oficina Territorial de Traballo, sita n Avda. de Xosé Antonio , 1 (1ª planta) León.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da presente publicación, recurso contencioso-administrativo

perante a Sala do Contencioso-Administrativo, con sede en Valladolid, do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, en virtude do diposto nos artigos 1.3º e 57 da Lei 38/1988, do 28 de decembro, de demarcación e planta xudicial, logo de comunicación á Delegación Territoral de León, tal como establece o artigo 110.3º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, e sen prexuízo de presentar calquera outro recurso que o interesado poida considerar pertinente.

León, 9 de decembro de 1998.

O delegado territorial de León

Rubricado

ANEXO

Recorrente: Pizarras Hércules, S.L.

Enderezo: c/Abegondo, 4 baixo-15009 A Coruña.

Expediente: 126/1998.

Resolución obxecto de recurso: resolución da Oficina Territorial de Traballo de León do 28-4-1998, pola que se acordou impoñerlle unha sanción de 51.000 pesetas.

Resolución: desestima-lo recurso ordinario interposto.