Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesió ordinaria celebrada o día 11 de decembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello en Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Rexeita-las alegacións feitas polos seguintes interesados: Noberto Rodríguez González, Estrella Canal Iglesias, Esteban Martínez de la Iglesia, Fernado Otero Marquina, Alicia González Gómez, Noberto Rodríguez González e Estrella Canal Iglesias, polas consideracións que se fan nos informes do 22 de outubro de 1998 do técnico municipal e da secretaría, do 27 de outubro de 1998.

2. Aprobar definitivamente o documento do Plan Parcial do sector A-6 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, redactado por Fermín Corrochano Casares do cal é promotor Finco, S.L. e outros

coas condicións expostas no apartado sobre procedemento como tamén o das garantías de urbanización do informe de secretaría do 1 de decembro de 1998.

3. Notifica-lo acordo a tódolos interesados.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia.

Ourense, 11 de xaneiro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente