Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO da aprobación dun PERI.

O Concello de Melide, en sesión plenaria do día 21 de decembro de 1998 acordou, co quórum legal, aprobar inicialmente o PERI no núcleo urbano de Melide, redactado polo arquitecto Luis Hermida González e promovido por José Manuel Failde Reimóndez e outros.

O expediente sométese a información pública durante un mes, segundo establecen os artigos 41 e 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos determinados no primeiro dos artigos citados.

Melide, 22 de decembro de 1998.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde