Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de decembro de 1998 pola que se autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria de Barbadás (Ourense).

O Decreto 268/1988, do 24 de setembro (DOG do 6 de outubro), crea o colexio de educación infantil e primaria no concello de Barbadás (Ourense).

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1988, do 10 de xullo (DOG do 23) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria de Barbadás (Ourense), tal e como figura no anexo da presente orde.

Segundo.-Autoriza-la Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-la medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Barbadás.

Localidade: Valenzá.

Centro: colexio de educación infantil e primaria de Barbadás.

Código do centro: 32016789.

Zona educativa: Ourense.

Composición

UNIDADESPOSTOS DE TRABALLO

EIEPTOTALEIEPFIFFEMEFPTTOTAL

3912381111116