Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 9 de novembro de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución número 17B (Hortas-Pombal) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), promovido por Alfredo Soto Casal.

Co citado estudio de detalle aprobouse inicialmente a delimitación da correspondente unidade de actuación, que se propón desenvolver a través do sistema de compensación de propietario único.

O ámbito da actuación inclúe as parcelas 01 e 91 do quinteiro 5.101 do Plan especial, co viario circundante, e atópase delimitado polos seguintes lindes:

Norte: rúa das Hortas, no seu encontro coa de Galeras (Campo das Hortas).

Sur: edificio número 9 da rúa do Pombal.

Leste: rúa das Hortas, e edificio número 59 da mesma rúa.

Oeste: Campo das Hortas e rúa do Pombal.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121 da Lei 1/1997 do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión do Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado