Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 31 de outubro de 1997, aprobou definitivamente os proxectos de delimitación, estudio de detalle e estatutos e bases da unidade de actuación nº 4 (UA-4) en Pontepedriña, promovidos por Inmobiliaria del Noroeste, S.A.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado