Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo procedemento anticipado de gasto e trámite de urxencia, para adquisición de mesas cirúrxicas e equipamento neonatolóxico para o Hospital Comarcal do Salnés-Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra. (SCS.-02/1999). (Tres lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: de mesas cirúrxicas e equipamentos neonatolóxico para o Hospital Comarcal do Salnés-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). (SCS.-02/1999). (3 lotes).

Orzamento: 14.140.000 ptas. IVE incluído.

Exercicio posterior, quedando sometida a adxudicación do contrato á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Comuniade Autonóma de Galicia para o ano 1999.

Lote nº 1: mesas cirúrxicas. 8.360.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 2: mesa xinecolóxica. 1.900.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 3: equipamento neonatolóxico. 3.880.000 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 282.800 ptas. IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

Adminisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

Licitarase a lote completo, indicando os prezos unitarios para cada un dos artigos que integran cada lote; non se admiten ofertas que non conteñan a totalidade dos artigos que completan o lote.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servicio técnico e mantemento dos equipos ofertados: ata 25 puntos.

3. Grado de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

4. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

5. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.): ata 10 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos