Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución do expediente sancionador LU-073/98 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27, e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó desta publicación para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda. Ramón Canosa, s/n, e presentar ante a dita delegación o recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27).

Nº de expediente: LU-073/98.

Denunciado: Francisco José Leonardo López.

DNI: 76.404.457.

Enderezo: r/ Tras das Cercas, s/n-Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 7.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: un millón unha (1.000.001) pesetas.

Nº de expediente: LU-083/98.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

DNI: 76.408.349.

Enderezo: r/ Río Condomiñas, 4-Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 7.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: un millón unha (1.000.001) pesetas.

Nº de expediente: LU-094/98.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

DNI: 76.408.349.

Enderezo: r/ Río Condomiñas, 4-Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 7.2º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: un millón unha (1.000.001) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 16 de decembro de 1998.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo