Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 25 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador LU-275/97, por infracción da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notíficase a Leyde Elvira Amez de acordo co que figura no anexo á presente cédula, a resolución adoptada polo director xeral de Producción Agropecuaria, con data do 14 de abril de 1998, no expediente sancionador LU-275/97, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificante de recepción, esta resultou devolta.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia nº 311-152-115/8, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución non é firme en vía administrativa, polo cal Leyde Elvira Amez pode

rá interpoñer contra ela recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: LU-275/97.

Denunciado: Leyde Elvira Amez.

DNI: 9.810.508.

Enderezo: Miguel Bravo, nº 5-1º. León.

Infraccións cometidas: incumpri-la normativa vixente para autorización e rexistro dos establecementos.

Precepto infrinxido: artigo 5.1º da Lei 1/1993.

Preceptos sancionadores: artigo 20 c), e) e 21.1º f) da Lei 1/1993.

Sanción: multa de 50.001 pesetas.