Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 854

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a relación provisional de aspirantes admitidos ás probas selectivas para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino un posto de traballo de programador (grupo C), vacante nos servicios dependentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 237, do 9 de decembro).

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes establecido na base cuarta da orde do 23 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 237, do 9 de decembro), pola que se convocan probas selectivas para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo de programador (Grupo C), vacante nos servicios, dependentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade coa base quinta da citada orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-la relación provisional de aspirantes admitidos ás probas selectivas para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo de programador (grupo C), vacante nos servicios dependentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública, que figuran como anexo á presente resolución, atopándose tamén expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Segundo.-De conformidade co disposto na base cuarta da Orde do 23 de novembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 237, do 9 de decembro), disporase dun prazo de cinco días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para formular reclamación.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación provisional de aspirantes admitidos ás probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo de programador (grupo C).

DNIApelidos e nome

32.771.193Álvarez Vilariño, José Jorge
32.665.816Fernández González, Ángel Daniel
52.471.620García Araújo, Rafael José
36.099.850Gómez Cabanelas, Simón
34.996.570Izquierdo Villar, Diego
44.818.261Luque Ortega, Sergio
36.120.870Montoiro Cabada, Francisco
34.963.774Pedrido Pérez, Fernando
33.328.854Regueira Soengas, Marco A.
34.960.220Del Río Caamaño, José Ramón
33.288.130Romero Baleirón, Mª Carmen
53.110.685Sampedro Vizoso, Miguel
78.798.208Varela Bouzas, Borxa
76.713.194Vila Pérez, Hernan Ovidio