Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, publicadas por Resolución do 16 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 22 de xullo), e por Resolución do 29 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 214, do 4 de novembro).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 14 de decembro de 1998, resolución que na súa parte dispositiva establece o seguinte:

«Estima-lo recurso ordinario formulado por Mª Consuelo Méndez Mouzo e, en consecuencia:

a) Modifica-la Resolución do 16 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 140, do 22 de xullo), no sentido de figurar na lista correspondente á letra A) 2º, para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (Grupo A):

Mª Consuelo Méndez Mouzo.

DNI nº: 32.808.449.

No posto número 1, para o ámbito territorial da Coruña.

b) Modifica-la Resolución do 29 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 214, do 4 de novembro), no sentido de excluír a Mª Consuelo Méndez Mouzo, das listas para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (Grupo A); escala superior de finanzas».

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada pola devandita resolución, nas listas aprobadas o 16 de xullo de 1998 e o 29 de outubro de 1998, nos termos fixados nela.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a súa disposición transitoria primeira, no prazo de dous meses contados desde a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública