Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 1999 Páx. 797

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de xaneiro de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes ás accións do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas xerais figura o programa de promoción xeral da investigación que ten como obxectivo alimenta-la base que

sosterá o sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, fundamentalmente a través da investigación básica e a formación de investigadores. O financiamento e a xestión deste programa están encomendadas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvememento.

En consecuencia e co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas e neste caso concreto para a execución do Programa de Promoción Xeral da Investigación.

Esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

Convócanse as bolsas e axudas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do programa de promoción xeral da investigación e apróbanse as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos á presente orde:

1. Axudas para a realización de proxectos de investigación básica (novos equipos e equipos consolidados. Anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación básica orientada (novos equipos e equipos consolidados. Anexo II).

3. Axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria. (Anexo III).

4. Bolsas para persoal auxiliar de investigación (Técnicos especialistas de FP-2. Anexo IV).

5. Bolsas predoutorais (1ª e 2ª prórroga e novas adxudicacións. Anexo V).

6. Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma (anexo VI).

7. Axudas para organización de congresos científicos que se celebrarán en Galicia (anexo VII).

8. Subvencións a publicacións periódicas (anexo VIII).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas nos anexos I, II e III da presente orde destinarase ata un máximo de 1.400.000.000 de ptas. que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 1999, 2000 e 2001 de acordo coas seguintes anualidades: 1.100 millóns de pesetas en 1999; 250 millóns de pesetas no ano 2000 e 50 millóns de pesetas no ano 2001.

Para as bolsas convocadas nos anexos IV, V e VI destinarase ata un máximo de 460.000.000 de ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1999.

Para as bolsas convocadas no anexo VII destinarase ata un máximo de 10.000.000 de ptas. con

cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.440.0 e para as do anexo VIII ata 10.800.000 con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.740.0 (10.000.000 de ptas.) e 04.07.432A.780.0 (800.000 ptas.).

Nembargantes, tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar ata un máximo dun 20% en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 10 meses, contados a partir do día seguinte á data de peche da respectiva convocatoria. Se no dito prazo non se dictara resolución expresa entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de l999.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Axudas para a realización de proxectos

de investigación básica

De acordo co establecido no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico dentro da investigación básica encádranse as seguintes áreas: ciencias experimentais e matemáticas, ciencias tecnolóxicas e informática, medicina e ciencias da saúde, ciencias sociais e humanidades.

Estas axudas teñen unha dobre finalidade:

1. Fomenta-la creación de novos equipos de investigación básica como camiño para aumenta-la oferta tecnolóxica do sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia. En concreto inténtase conseguir:

a) A diversificación e o incremento do persoal investigador da Comunidade Autónoma.

b) Darlle pulo á súa competitividade para que poidan participar en convocatorias de ámbito nacional e internacional.

2. Prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa consolidados no desenvolvemento das súas liñas de investigación que sexan de interese no ámbito da investigación básica.

A elaboración dos proxectos debe tratar de conseguir unha razoable concentración de capital humano e outros medios de investigación, para favorece-la interdisciplinariedade e aumenta-la masa crítica dos grupos de investigación, sempre que sexa compatible coa coherencia dos obxectivos do proxecto e as formulacións experimentais.

1. Modalidades.

Convócanse dous tipos de axudas:

-Modalidade A: axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de novos equipos de investigación (equipos de iniciación á investigación).

-Modalidade B: axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de equipos consolidados.

2. Duración e contía máxima da axuda.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto de investigación por un período máximo de 3 anualidades e, en todo caso, o proxecto deberá estar rematado antes do 1 de decembro do ano 2001. A contía das axudas durante o citado período, agás circunstancias excepcionais que o aconsellen, non superará os límites seguintes:

-Modalidade A: máximo 7.000.000 de ptas.

-Modalidade B: máximo 16.000.000 de ptas.

3. Requisitos e solicitudes.

3.1. Requisitos xerais.

As axudas poderán ser solicitadas polo persoal docente e investigador das universidades de Galicia ou por outros investigadores do cadro de persoal de centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma, sempre que se atopen en situación administrativa de servicio activo e prestando servicios nalgunha das universidades do sistema universitario de Galicia ou nun centro público de investigación radicado na Comunidade Autónoma, e poidan acreditar unha vinculación laboral estable co correspondente organismo durante o período de execución do proxecto.

Non poderán participar nesta convocatoria aqueles investigadores que figuran como investigadores principais en proxectos de 2 ou 3 anos de duración, financiados por Resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 29 de xullo de 1998, (DOG do 13 de agosto), nin aqueles que figuran como investigadores principais en proxectos de 3 anos de duración financiados por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 30 de xuño de 1997 (DOG do 10 de xullo). Os investigadores que desexen participar nesta convocatoria deberán cumpri-los requisitos específicos da modalidade elixida (tipo A ou tipo B) e deberán dispor de horas libres para investigación descontadas das que dedican a outros proxectos vixentes financiados pola Xunta de Galicia ou por outros organismos públicos ou privados (exceptúanse os proxec

tos financiados con fondos europeos), tendo en conta o seguinte:

-O número máximo de horas que poden dedicarse a investigación cando esta actividade se realiza de forma exclusiva é de 40 semanais.

-Os investigadores que sexan profesores de universidade poderán asignarse ata un máximo de 32 horas semanais para actividade investigadora. Aqueles profesores de universidade que se atopan en situación de dedicación a tempo parcial por estaren realizando outro tipo de actividade profesional, non poderán figurar con máis de 16 horas semanais.

-Cada investigador poderá participar só nun proxecto dos que se presenten a esta convocatoria.

-Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto.

-Poderanse presentar proxectos coordinados entre diferentes grupos; neste caso actuará como coordinador do proxecto un dos investigadores principais dos subproxectos.

3.2. Requisitos específicos para as axudas da modalidade de tipo A.

a) O equipo estará formado por un mínimo de 3 membros (incluído o investigador principal). Ó modelo de solicitude xuntarase fotocopia do DNI de cada un dos membros do equipo.

b) O investigador principal do proxecto terá que ser doutor. Os restantes membros deberán estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto por unha facultade ou escola técnica superior e como mínimo estarán matriculados, no presente curso, nos estudios de terceiro ciclo ou acreditarán vinculación co correspondente organismo.

c) Tódolos membros do equipo, incluído o investigador principal, deberán dedicar, cada un deles, un mínimo de 25 horas semanais ó proxecto e ningún deles poderá desempeñar cargos nos equipos rectorais nin te-la condición de decano ou director de centro. Excepcionalmente admitiranse tamén aquelas solicitudes nas que o investigador principal, por causas xustificadas, que deberá expor nunha breve memoria explicativa, teña unha dedicación inferior a 25 horas pero superior a 20 horas.

d) Non poderán participar nesta modalidade aqueles que formaran parte como investigadores principais de equipos que teñan recibido dúas ou máis axudas deste tipo en convocatorias anteriores. Este aspecto farao constar cada un dos membros do equipo, utilizando o modelo de declaración xurada que se inclúe na páxina 3 do documento número 1 do modelo de solicitude.

e) Xuntarase declaración de todo o financiamento vixente do que dispón cada un dos membros do equipo investigador, segundo o modelo que se inclúe na páxina 4 do documento número 1 do modelo de solicitude.

3.3. Requisitos específicos para as axudas da modalidade de tipo B.

a) O equipo deberá estar formado polo menos por dous doutores e os restantes investigadores deberán ter acadada a suficiencia investigadora prevista no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de postgrao. O equivalente xornada completa (EXC) do proxecto non poderá ter valor inferior a 2,5 (no caso de proxectos coordinados este EXC enténdese referido ó proxecto global e en todo caso cada un dos subproxectos deberá ter un EXC como mínimo de 1,25). Poderanse incorporar tamén como colaboradores os licenciados, enxeñeiros ou arquitectos por unha facultade ou escola técnica superior que como mínimo estean matriculados, no presente curso, nos estudios de terceiro ciclo ou que acrediten vinculación co correspondente organismo, pero estes non computarán para os efectos de acada-lo requisito mínimo de EXC antes citado.

Xuntarase, ó modelo de solicitude, fotocopia do DNI de cada un dos investigadores.

b) Para os investigadores que sexan doutores requírese unha dedicación mínima de 16 horas semanais. Os restantes investigadores deberán dedicar un mínimo de 25 horas semanais ó proxecto.

Excepcionalmente admitiranse tamén aquelas solicitudes nas que o investigador principal, por causas xustificadas, que deberá expor nunha breve memoria explicativa, teña unha dedicación inferior a 16 horas pero superior a 12 horas.

c) Xuntar declaración de todo o financiamento vixente de que dispón cada un dos membros do grupo investigador segundo o modelo que se inclúe na páxina 4 do documento número 1 do modelo de solicitude.

3.4. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial número 1 (do que a carauta externa se publica como anexo XI á presente orde e á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992. Este modelo número 1 consta de 3 documentos:

-Documento nº 1: datos xerais do proxecto e do equipo investigador. Na páxina 5 indicarase se algún membro do equipo foi investigador principal dalgún proxecto financiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na convocatoria do ano 1995 ou en convocatorias anteriores. En caso afirmativo relacionaranse as publicacións derivadas do dito proxecto; no caso de ter máis de un indicaranse só os datos relativos ó último.

-Documento nº 2: memoria do proxecto de investigación.

-Documento nº 3: modelo oficial de currículum vitae.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

As solicitudes acompañaranse da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta, para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de febreiro de 1999.

As axudas solicitadas deberanse referir a algún dos seguintes conceptos:

-Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo executor.

-Material funxible.

-Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

-Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

3.5. Tramitación.

Se a documentación achegada estivera incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que, de non o facer, se arquivará a súa solicitude sen máis trámite, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xúrídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que o proxecto resultante non cumpra os mínimos esixidos para a modalidade correspondente a solicitude será desestimada.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada.

Cando a temática do proxecto o aconselle, e logo de audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá determina-lo trasvase de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento.

4. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos. Efectuada a valoración, a Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, procederá a selecciona-los beneficiarios das axudas e elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Para a selección dos beneficiarios teranse en conta, entre outros criterios, os seguintes:

Para a modalidade A:

a) A valoración realizada por expertos externos.

b) A valoración dos resutados obtidos polos investigadores que forman o equipo en proxectos financiados pola Xunta de Galicia en anteriores convocatorias.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

d) Non se considerarán como prioritarias as solicitudes correspondentes a aqueles equipos nos que figuren investigadores que resulten ser beneficiarios dalgunha das axudas de infraestructura de investigación que se convocan no anexo II da presente orde.

Para a modalidade B:

Ademais dos criterios anteriores teranse en conta os seguintes:

a) Daráselles prioridade a aqueles proxectos de investigación que supoñan o traballo conxunto entre equipos de investigadores de tipo B presentados a esta convocatoria.

b) Daráselles prioridade a aqueles proxectos de investigación que, sendo presentados ás convocatorias de ámbito estatal e obtendo avaliación positiva, non acadaron financiamento.

5. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto ou, se é o caso, de ter adquirido o compromiso deste, xunto cos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbese.

6. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto. A Secretaría Xeral de Investigación e

Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados.

Ó finaliza-lo proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no se desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito informe, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores; no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

7. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto no artigo 78.5º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

ANEXO II

Axudas para a realización de proxectos

de investigación orientada

Estas axudas teñen como finalidade promove-la realización de proxectos de investigación que, aínda que non son de tipo aplicado se refiren, non obstante, a aspectos básicos relacionados con temas de interese práctico.

Dentro da investigación orientada encádranse as seguintes áreas: ciencias do mar, ciencias agropecuarias, medio ambiente, biotecnoloxía, investigación sanitaria, socioeconomía de Galicia, lingua galega, patrimonio cultural galego e materiais.

Condicións da convocatoria.

A esta convocatoria seralle de aplicación o disposto nos números 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 do anexo I.

ANEXO III

Axudas para equipamento de infraestructura

de investigación e bibliotecaria

A finalidade destas axudas é mellora-lo equipamento científico dos centros de investigación e a adquisición de fondos bibliográficos ou documentais.

As peticións deberanse referir necesariamente a algún dos puntos seguintes:

a) Adquisición e instalación de instrumentación científica en xeral (material inventariable), imprescindible para o desenvolvemento das investigacións en curso ou, de se-lo caso, de material complementario de equipamento científico xa existente.

b) Adquisición de fondos e material bibliográfico ou documental para investigación.

1. Solicitudes.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

1.1. Instrumentación científica.

Establécense dúas modalidades de solicitudes:

Modalidade A: solicitudes presentadas institucionalmente polas universidades do sistema universitario de Galicia relativas ós seus servicios xerais ou institutos de investigación, así como solicitudes presentadas polos servicios de apoio ó sistema de Investigación e Desenvolvemento de Galicia.

Modalidade B: solicitudes de grupos de investigación pertencentes a centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma.

Modalidade A.

As axudas, no modelo oficial que se publica como anexo XII á presente orde, e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, poderán ser solicitadas, unicamente, polas universidades de Galicia e polos responsables dos servicios de apoio ó sistema de Investigación e Desenvolvemento de Galicia.

As solicitudes deberán referirse a servicios xerais ou institutos de investigación e irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Material solicitado e descrición pormenorizada del (folletos descritivos), con indicación do servicio xeral ou instituto de investigación ó que se destinará.

b) Relación do material de que dispón o servicio xeral ou instituto de investigación correspondente con indicación de: data de adquisición, entidade financiadora e custo.

c) Relación do persoal destinado de forma permanente no servicio xeral ou instituto de investigación.

d) Fotocopia do libro de usuarios do servicio durante o ano 1998 ou memoria de actividades do instituto de investigación se é o caso.

No caso de que se trate de peticións para a creación dun novo servicio os documentos b) e d) substituiranse por unha memoria na que se xustifique, de forma detallada, a súa necesidade e unha previsión dos grupos de investigación que puideran utilizalo.

Cada universidade ou servicio de apoio ó sistema de Investigación de Desenvolvemento de Galicia presentará unha única solicitude, que poderá referirse a un ou varios servicios xerais ou institutos de investigación, entendéndose que a documentación sinalada no parágrafo anterior se refire de forma individual a cada petición.

A contía global da solicitude non poderá ser superior a 60 millóns de pesetas e ningún dos instrumentos solicitados será de contía inferior a 6 millóns.

Modalidade B.

As axudas, no modelo oficial nº 3 (do que a carauta externa se publica como anexo XIII á presente orde e á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, poderán ser solicitadas polos grupos de investigación pertecentes a centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma (máximo 4 grupos). Non poderán participar na composición dos grupos solicitantes aqueles investigadores que asinaron solicitudes de instrumentación científica que foron financiadas na convocatoria do ano 1998 (resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 19 de xuño de 1998, DOG do 30 de xuño).

A contía da solicitude deberá ser dun mínimo de seis millóns de pesetas (enténdese esta relativa a un único instrumento), e non poderá supera-los quince millóns de pesetas.

Os impresos de solicitude deberán incluí-la seguinte documentación:

a) Descrición detallada do material que se solicita.

b) Xustificación pormenorizada da necesidade do dito material respecto da investigación que realiza cada un dos grupos solicitantes.

c) Relación do/dos grupo/s de investigación que usarán ordinariamente o material solicitado. Poderán participar como máximo 4 grupos en cada solicitude. Considérase a composición dos grupos pechada de modo que ningún membro del poderá figurar incluído noutro grupo. Ademais, cada grupo poderá participar soamente nunha solicitude.

d) Relación das publicacións máis salientables relacionadas coa liña do equipo solicitado, dos 3 últimos anos, de cada un dos grupos solicitantes. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos significativos dela (autor/es, título, editorial, revista, etc.) e fotocopia da última páxina da publicación.

e) Tres orzamentos de instrumentos ou equipos equivalentes mediante as correspondentes facturas proforma. Os orzamentos deberán estar desagregados en función dos diferentes módulos que constitúen o equipo.

f) Financiamento de cada un dos grupos solicitantes nos últimos cinco anos (94-98). Acreditarase mediante copia das comunicacións de concesión das correspondentes axudas.

g) De se-lo caso, certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal (rector no caso das universidades).

As solicitudes irán acompañadas da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta, para efectos de xustificante da recepción.

1.2. Fondos bibliográficos ou documentais para investigación.

As axudas, no modelo oficial que se publica como anexo XII á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, poderán ser solicitadas por organismos con sede na comunidade autónoma e con finalidade investigadora legal ou estatutaria, tendo en conta o seguinte:

a) Cada institución só poderá presentar unha solicitude e a contía global dela non poderá ser superior a 60 millóns de pesetas. Non obstante, a solicitude poderá conter unha relación de peticións parciais relativas a centros ou organismos dependentes da institución solicitante, pero neste caso as peticións parciais deberán presentarse sumadas e totalmente priorizadas pola institución solicitante e o total delas non superará a contía global xa citada. Non se admitirá a presentación de solicitudes institucionais que sexan a suma de peticións de varios centros sen unha priorización total da mesma.

b) Os fondos solicitados non poderán ser de contía inferior a 5.000 ptas. por unidade.

c) A solicitude, sexa única ou resultado da suma de varias peticións parciais, deberá indica-la relación de fondos solicitados e o lugar onde serán situados e irá acompañada de:

-Factura proforma detallada dos fondos solicitados. As facturas proforma deberán referirse unicamente ós fondos solicitados.

-Aval, se é o caso, da correspondente Comisión de Biblioteca.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados están destinados á investigación.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados non supoñen duplicidade dentro dela, se ben poderán ser admitidas excepcións sempre que sexan debidamente xustificadas.

d) Os fondos solicitados deberán ter un carácter netamente orientado á investigación. Poderanse incluír suscricións a publicacións periódicas en soporte convencional ou informático. Neste caso, o financiamento delas non implicará nunca compromiso de mantelo en anos sucesivos, e este, en todo caso, deberá correr a cargo da correspondente institución.

2. Formalización das solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

O prazo de presentación das solicitudes remata o día 26 de febreiro de 1999.

3. Resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A Comisión poderá solicitar calquera información de expertos, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha acertada distribución dos fondos dedicados a esta convocatoria. A avaliación das solicitudes será realizada atendendo:

a) Ó cofinanciamento, externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

b) Á adecuación das solicitudes ós obxectivos e accións do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

c) A que a súa adquisición non supoña duplicidade inxustificada con relación ós medios xa existentes no centro onde se situará o equipo.

d) A que a solicitude concorrese a outras convocatorias nas que a pesar de ser avaliada positivamente non acadase financiamento.

No caso de solicitudes de instrumentación científica da modalidade B, ademais dos criterios anteriores, teranse en conta os seguintes:

a) As publicacións efectuadas nos 3 últimos anos polos integrantes de cada grupo solicitante.

b) O número de grupos solicitantes en relación coa xustificación realizada da necesidade do equipo.

c) Poderáselles dar prioridade a aquelas solicitudes que poidan encadrarse nos programas prioritarios do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, ata un máximo do 15% das axudas concedidas nesta modalidade B de infraestructura.

4. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o centro solicitante ou o equipo investigador, de acordo coa normativa vixente.

5. Obrigas.

Os beneficiarios das axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria estarán obrigados a:

5.1. Xustificar antes do 15 de outubro de 1998, mediante a correspondente factura, a adquisición do material financiado. Así mesmo, cando polo pagamento doutras subvencións quedara cuberto o importe parcial ou total do gasto que supón o material, estarán obrigados a devolve-lo resto ou o total, respectivamente, da axuda concedida.

5.2. Facer constar nas memorias anuais que se redacten, así como nos traballos realizados co material subvencionado, o patrocinio da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.

5.3. Facilitar xustificantes do grao de utilización da instrumentación adquirida (traballos de investigación nos que figure a utilización da devandita instrumentación, etc.), cando llo demande a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O material adquirido mediante esta convocatoria será propiedade da universidade ou do centro de investigación correspondente e deberá ser incluído no inventario xeral deste, facendo constar nel, en canto á súa adquisición, «Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Xunta de Galicia, ano 1999».

ANEXO IV

Bolsas para persoal auxiliar de investigación

(Técnicos especialistas de FP-2)

De acordo cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, estas axudas teñen por finalidade:

1. Prestar apoio ó desenvolvemento dos programas de investigación dos departamentos e institutos das universidades de Galicia ou dos centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autóno

ma, facilitándolle-la posibilidade de colaboración de técnicos especialistas de FP-2.

2. Completa-la formación do persoal investigador no estamento de persoal auxiliar, garantindo a oportunidade de participar en experiencias e programas específicos de investigación.

De todo este proceso non só se desprende unha axuda directa ás universidades e ós demais centros de investigación radicados en Galicia senón que se está a contribuír ó desenvolvemento da productividade en Galicia na mesma medida que o persoal seleccionado nesta convocatoria adquire un tipo de experiencia que é de probada utilidade para a súa inserción posterior na vida activa e empresarial.

A. Convocatoria do concurso para a selección dos centros habilitados.

1. Solicitantes.

Poderán optar a estas axudas os equipos de investigación dos departamentos, institutos e dos centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma, sempre que teñan proxectos ou contratos de investigación vixentes financiados con fondos internacionais, estatais ou de entidades públicas ou privadas da Comunidade Autónoma.

2. Formalización de solicitudes.

As solicitudes no modelo oficial número 7 (que se publica como anexo XIV á presente orde e á disposición dos centros interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1983, do 17 de novembro).

Nelas indicarase:

2.1. Composición do equipo.

2.2. Especialidade requirida ós titulados que estean dispostos a incorporar ás tarefas do centro. A relación de especialidades que poden ser tomadas en consideración figuran no anexo VIII desta convocatoria.

2.3. Plan de traballo que lle sería asignado ó técnico especialista, facendo especial mención das accións específicas de formación que se levarían a cabo (técnicas concretas nas que se vai adquirir experiencia e, se é posible e de interese para o traballo nese centro, seminarios e cursos de perfeccionamento, na súa especialización, que hai que seguir durante o período de desfrute da bolsa).

2.4. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polos servicios de contabilidade do correspondente organismo, na que conste o financiamento vixente de que dispón o equipo, ó que se fixo referencia no punto 1. Non será tido en conta aquel financiamento alegado que non estea convenientemente xustificado. Enténdese como financiamento vixente a totalidade da subvención correspondente a proxectos ou contratos de investigación que rematen con posterioridade á data de peche da presente convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 5 de marzo de 1999.

3. Tramitación.

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando se é o caso as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense, na vicexerencia do campus de Lugo, nos da Delegación en Galicia do CSIC, nos do Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/indez.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta desde o 13 ó 23 de abril de 1999, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de

documentos, ante a Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

4. Selección de centros habilitados.

A selección de centros habilitados será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A selección de centros habilitados farase tendo en conta a adecuación das liñas de investigación do/s grupo/s solicitante/s coa especialidade requirida ó bolseiro.

Os centros habilitados agruparanse por orde decrecente do financiamento total dos grupos solicitantes, calculado de acordo coa fórmula seguinte:

A+3B/4+C/5 onde

A) Refírese a recursos procedentes de organismos internacionais.

B) Refírese a recursos procedentes de fondos estatais.

C) Refírese a recursos procedentes de entidades públicas ou privadas da Comunidade Autónoma.

Non obstante a comisión, excepcionalmente, poderá ter en conta proxectos que sendo de gran relevancia pola súa propia naturaleza requiran menor financiamento.

Será destinado bolseiro a aqueles centros que acaden unha orde de prioridade acorde co número de bolsas de nova adxudicación que poidan concederse; os restantes centros habilitados figurarán ordenados nunha lista adicional de centros suplentes, por orde decrecente de prioridade, para os efectos de cubrir posibles renuncias de bolseiros que non poidan cubrirse con suplentes ou prazas declaradas desertas no propio concurso dos bolseiros.

En todo caso non serán prioritarias as solicitudes correspondentes a aqueles grupos ós que lles foi adscrito un bolseiro de nova adxudicación no curso 98/99 e que solicitan a correspondente prórroga ó abeiro do anexo III.C da presente orde.

5. Adscrición de bolseiros.

A adscrición de bolseiros ós centros habilitados realizarase de acordo co procedemento establecido no punto B.6 das presentes bases.

B. Convocatoria do concurso para a selección de novos bolseiros.

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar ás bolsas convocadas os titulados de formación profesional de segundo grao (ou de estudios equivalentes) que cursaron os seus estudios nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma sempre que remataran os correspondentes estudios no ano 1994 ou en data posterior e que teñan como especialidade algunha das que figuren na resolución dictada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento con ocasión da resolución da letra A deste anexo IV, sempre que en anteriores convocatorias non desfrutasen dunha destas bolsas, durante un período de máis dun ano.

2. Contía das bolsas.

-O importe das bolsas incluirá unha axuda de 960.000 ptas. anuais que se destinará ó pagamento dunha bolsa de 80.000 ptas. mensuais brutas ó candidato seleccionado.

-Seguro combinado de accidentes que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento deberá subscribir en beneficio do bolseiro polo período de duración da bolsa, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

-As bolsas concedidas poderanse prorrogar un ano máis, logo de solicitude, de acordo coa normativa que se elabore para o efecto.

3. Formalización de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial número 8 (que se publica como anexo XV á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

A elas xuntaráselles:

-Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados, incluíndo certificado de estudios que especifique as cualificacións obtidas durante os cursos do segundo grao de formación profesional (ou estudios equivalentes).

-Declaración xurada do solicitante na que conste non ter desfrutado destas bolsas durante un período superior a un ano.

-Fotocopia compulsada do correspondente título ou no seu defecto documento acreditativo de pagamento das taxas correspondentes para a súa expedición.

4. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes establecerase na resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento pola que se aprobe a relación de centros habilitados.

5. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando se é o caso as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería de Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense, na vicexerencia do campus de Lugo, nos da Delegacion en Galicia do CSIC, nos do Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http:///www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. O prazo de exposición das listas establecerase na resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemen

to pola que se aprobe a relación de centros habilitados, podendo os interesados, durante este, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

6. Valoración, resolución do concurso e adscrición dos bolseiros ós centros habilitados.

A valoración das solicitudes presentadas, de acordo cos méritos alegados polos aspirantes, será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro.

Criterios de valoración:

-Expediente académico, ata 4 puntos. Para efectos de cálculo da nota media non se computarán aquelas materias que consten no expediente do alumno como validadas.

-En caso de empate valoraranse outros méritos alegados e documentados polos solicitantes xunto coa súa solicitude.

A Comisión de Selección de Investigación elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e deberá relaciona-los candidatos seleccionados por orde de maior a menor puntuación, dentro dos que posúan a mesma especialidade.

Conforme os mesmos criterios elaborarase, por especialidades, unha lista de suplentes para o caso de posibles renuncias.

Dentro dos 40 días seguintes á publicación da referida resolución no Diario Oficial de Galicia, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederá á adscrición dos bolseiros seleccionados ós centros habilitados. A adscrición realizarase ofertándolles ós bolseiros, por especialidades e atendendo á orde de puntuación que obtiveran, tódolos centros que foron habilitados, de acordo co punto A.4, de modo que eles mesmos elixan o centro que máis lles conveña. Só se poderá adscribir un bolseiro por cada equipo de investigación. Previamente á elección proporcionaráselles ós bolseiros toda a información relativa ás actividades que se van realizar nos diferentes centros habilitados tendo en conta o sinalado polos solicitantes no documento ó que se refire o punto A.2.3.

7. Formalización da adscrición.

A adscrición proposta producirá efectos desde o momento en que as partes interesadas asinen un documento de aceptación no que se especifique o tipo e mailas condicións da tarefa encomendada ó bolseiro e o compromiso de levala a cabo nos termos establecidos.

A negativa inxustificada, a xuízo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, a formaliza-lo documento de aceptación dará lugar á exclusión do centro habilitado ou á cancelación da bolsa, segundo os casos.

8. Dedicación.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa será incompatible con calquera clase de traballo remunerado.

9. Seguimento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá solicitar información, tanto do bolseiro como do centro habilitado ó que figura adscrito, sobre o desenvolvemento das actividades daquel. No caso de que o centro habilitado utilice o bolseiro para actividades diferentes das propostas no punto 2.3 da letra A e no documento de aceptación ó que se fixo referencia no punto 7 desta letra B, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá proceder a revoga-la habilitación concedida ó centro. Ó remate do período de desfrute da bolsa o bolseiro terá dereito a que o director do centro habilitado lle expida un informe detallado sobre a actividade que desenvolveu e o grao de aproveitamento obtido.

10. Incidencias.

A Secrearía Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

No caso de que durante o período de desfrute da bolsa se producise algunha circunstancia que motivase a interrupción da colaboración do bolseiro, informarase inmediatamente a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para a adopción das medidas oportunas. Neste caso a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá propoñe-la adxudicación da bolsa a outros candidatos da mesma especialidade, tendo en conta a lista de suplentes que elabore a Comisión de Selección de Investigación. O novo bolseiro será adscrito ó mesmo centro no que se produciu a renuncia. Nembargantes, no caso de que non houbese suplentes da mesma especialidade ou de que a resolución do concurso de bolseiros determinara que quedaran sen cubrir prazas dalgún dos centros previstos inicialmente estas prazas quedarán vacantes e procederase a adxudicar bolseiro a aqueles centros que figuran habilitados na lista de centros suplentes, segundo a orde de prioridade pola que están ordenados, tendo en conta a

especialidade para a que foron habilitados.

C. Convocatoria de prórroga das bolsas concedidas como consecuencia da resolución do anexo III.B da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de febreiro de 1998 (DOG do 13 de febreiro).

1. Solicitantes.

Os bolseiros seleccionados como consecuencia da resolución do anexo III.B da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de febreiro de 1998 (DOG do 13 de febreiro) poderán

solicitar unha prórroga da axuda que desfrutan, durante outro período dun ano, quedando adscritos ó mesmo centro.

2. Formalización de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 9 (que se publica como anexo XVI á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Nel faranse consta-las razóns xustificativas da prórroga solicitada, así como a relación detallada das actividades realizadas polo bolseiro no curso 98-99 e plan de traballo segundo o sinalado no punto 2.3 da letra A.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1993, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

As solicitudes irán xunto da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta, para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril de 1999.

3. Resolución.

A valoración das solicitudes presentadas será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4. Outras condicións.

Análogas ás indicadas nos puntos 2, 7, 8, 9 e 10 da letra B.

ANEXO V

Bolsas predoutorais

A finalidade principal desta convocatoria como instrumento ordinario do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento é o apoio á formación en investigación básica (incluída a orientada) daqueles titulados superiores universitarios que estean a realizar unha tese de doutoramento nun centro de investigación radicado na Comunidade Autónoma galega.

Bases da convocatoria

A. Bolsas de nova adxudicación.

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun pais membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto se o houbese.

c) Ter rematados os estudios correspondentes ós dous cursos académicos do programa de doutoramento, ó que está adscrito o solicitante, con posterioridade a xaneiro de 1997 ou estar matriculado no segundo ano dos estudios de terceiro ciclo no presente curso académico 98/99.

d) Ter admitido, por un departamento dunha universidade do sistema universitario de Galicia, o proxecto de tese, segundo o artigo 7 do Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de postgrao, antes do 1 de outubro de 1999.

e) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias.

2. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

2.1. Unha asignación mensual bruta comprendida entre 110.000 ptas. e 125.000 ptas.

2.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

3. Período de desfrute.

3.1. A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 1999 e setembro do ano 2000.

3.2. As bolsas concedidas poderanse prorrogar, lgo de solicitude, de acordo coa normativa que se elabore para o efecto.

3.3. En función da dispoñibilidade orzamentaria poderase solicitar unha segunda prórroga de seis meses, de acordo coas bases que se aproben nunha convocatoria específica.

4. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 5 (que se publica como anexo XVII á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro

xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

4.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios convalidados, deberá presentarse así mesmo certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estar en posesión dun título de diplomado ou por ter realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese e o título dela.

4.2. Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor avalado polo director/es deste (orixinal ou copia compulsada). No proxecto farase mención específica dos obxectivos, dos contidos básicos do traballo e das estratexias específicas de análise e indagación que se van utilizar.

4.3. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo secretario do correspondente departamento universitario, no que conste a admisión do proxecto por parte do consello de departamento. No caso de que o interesado aínda non dispoña deste documento presentará o compromiso de entregalo tan pronto como se produza a súa aprobación. En todo caso o dito documento deberá presentarse antes do 1 de outubro de 1999.

4.4. Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada na que conste a superación do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo así como as cualificacións correspondentes.

4.5. Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1.e).

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 14 de abril de 1999.

5. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente

orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no Centro de Información Admistrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense, nos da vicexerencia do campus de Lugo, nos da Delegación en Galicia do CSIC, nos do Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta desde o 25 de maio ó 4 de xuño de 1999, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que

se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

6. Selección de candidatos.

6.1. Comisión de Selección.

A selección de candidatos será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro.

6.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros farase fundamentalmente en función dos méritos acreditados nos puntos 4.1 e 4.4; en relación con este último a Comisión de Selección de Investigación establecerá previamente o número de créditos do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo que serán valorados. De acordo co establecido no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento as solicitudes recibidas agruparanse en 5 áreas:

-Ciencias experimentais e matemáticas.

-Ciencias tecnolóxicas e informática.

-Medicina e ciencias da saúde.

-Ciencias sociais.

-Humanidades.

A adscrición das diferentes carreiras académicas a estas áreas aparece recollida no anexo X á presente orde.

Como criterio complementario, a comisión poderá ter en conta o interese da investigación que se vaia realizar para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

7. Resolución do concurso.

A Comisión de Selección de Investigación elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá conceder interrupcións no desfrute da bolsa a petición razoada do interesado, logo de informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a 6 meses durante a duración da bolsa e as posibles renovacións e non darán lugar en ningún caso a posibilidade de recupera-lo período interrompido.

No momento en que algún dos beneficiarios destas bolsas realice a lectura da súa tese de doutoramento ou se produza algunha circunstancia que determine a incompatibilidade no desfrute da bolsa, deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e esta procederá á suspensión da bolsa correspondente e adxudicaralla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese. Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia, deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

9. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Antes de inicia-los pagamentos os bolseiros deberán acreditar ter obtido un mínimo de 32 créditos nos estudios de terceiro ciclo.

10. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán adicar ata un máximo de 80 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó seu cadro de persoal.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificalo igualmente á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

B. Primeira prórroga das bolsas predoutorais.

1. Aqueles beneficiarios dunha bolsa predoutoral de nova adxudicación, concedida por resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 5 de agosto de 1998 (DOG do 25 de agosto), poderán solicita-la prórroga correspondente ó curso académico 1999/2000 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. As solicitudes, no modelo oficial nº 6 (que se publica como anexo XVIII á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 98/99. Deberá ir asinado polo bolseiro e co visto e prace polo director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro sobre o estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es.

As solicitudes acompañaranse da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solici

tude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de xuño de 1999.

3. A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases.

5. Ás solicitudes de prórroga seralles de aplicación o sinalado nos puntos 2, 3.1, 3.3, 8 e 10 da letra A.

C. Segunda prórroga das bolsas predoutorais.

1. Aqueles beneficiarios dunha bolsa predoutoral de nova adxudicación durante o curso 97/98 ( resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 26 de novembro de 1997, DOG do 2 de decembro) e que durante o curso 98/99 desfrutan da prórroga correspondente (resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 5 de agosto de 1998, DOG do 25 de agosto), poderán solicitar unha nova prórroga, como máximo de 6 meses para o curso académico 1999/2000 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. As solicitudes, no modelo oficial nº 2 (que se publica como anexo XIX á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria, máximo 3 folios, do estado actual do proxecto de tese. Presentarase co visto e prace do director do proxecto de investigación.

2.2. Relación de comunicacións a congresos e publicacións referentes ó tema da tese realizadas durante o período de desfrute da bolsa. Documentaranse mediante fotocopia das correspondentes publicacións.

2.3. Certificación (en papel oficial e/ou co selo do correspondente centro/departamento) do director/es da tese na que conste que esta non está rematada e se encontra en estado avanzado de execución.

As solicitudes acompañaranse da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solici

tude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de xuño de 1999.

3. A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4. Ás solicitudes de 2ª prórroga seralles de aplicación o sinalado nos puntos 2 e 8 da letra A.

5. Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases.

6. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se procede, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 40 horas durante o período da prórroga á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó seu cadro de persoal.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se autoricen.

ANEXO VI

Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma

Estas axudas teñen como finalidade favorece-la actualización de coñecementos e a adquisición de novas técnicas por parte do profesorado universitario e do persoal investigador da Comunidade Autónoma.

Bases da convocatoria

1. Características.

Estas bolsas cobren estadías de ata 9 meses de duración no caso de doutores, e de 3 meses nos restantes casos e concédense para adquirir coñecemento dunha técnica de investigación, dunha téc

nica de organización, para coñecemento dunha institución investigadora ou de datos de interese para un traballo de investigación que xa está en marcha. Así mesmo, estas bolsas concédense para realizar unha investigación nun centro estranxeiro ou nun centro español situado fóra da Comunidade Autónoma.

2. Requisitos dos solicitantes.

2.1. Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

2.2. Pertencer a algunha das seguintes categorías:

a) Profesores numerarios, interinos ou contratados que pertenzan a algunha das tres universidades da Comunidade Autónoma.

b) Investigadores de cadro de persoal que pertenzan a algún centro público de investigación radicado na Comunidade Autónoma.

c) Doutores que non obtiveran bolsa doutro organismo para realizar unha estadía fóra da Comunidade Autónoma e que estean vinculados a centros públicos de investigación situados en Galicia.

d) Bolseiros predoutorais da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e bolseiros que teñan acadada a suficiencia investigadora (prevista no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de postgrao) e estean adscritos a centros públicos de investigación situados en Galicia sempre que a bolsa que desfrutan non teña en conta na propia convocatoria a posibilidade de dotación adicional para estadía fóra da Comunidade Autónoma.

3. Contía das bolsas.

O importe da bolsa comprenderá:

3.1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, durante o período de desfrute.

3.2. Unha asignación mensual que estará comprendida entre 90.000 e 200.000 ptas. brutas segundo as circunstancias do lugar, a experiencia profesional do solicitante e as particularidades do plan de traballo que se vai desenvolver.

3.3. As taxas de laboratorio, se é o caso, cubriranse só se a Comisión de Selección de Investigación o considera oportuno e aparecen, se é o caso, convenientemente xustificadas na solicitude.

4. Forma de pagamento.

Os pagamentos da bolsa faranse por trimestres adiantados e de acordo coa normativa vixente.

5. Período de desfrute.

A totalidade da bolsa deberá desfrutarse antes do 31 de marzo do ano 2000 e a súa iniciación non poderá ser anterior á data de publicación da presente convocatoria no DOG.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 4 (que se publica como anexo XX á presente orde e á disposición

dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

O prazo de presentación de solicitudes, coa documentación á que se fai referencia na base 7, remata o día 5 de marzo de 1999.

7. Formalización de solicitudes.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

7.1. Documento acreditativo de pertenza a algunha das categorías do punto 2.2. No caso de persoal interino ou contratado, o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria. Naqueles casos nos que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, de se-lo caso, deberá acreditarse. Os solicitantes ós que se refire o punto 2.2.c) ademais de acredita-la condición de doutor deberán presentar unha declaración xurada na que conste que non obtiveron bolsa doutro organismo para realizar unha estadía fóra da Comunidade Autónoma despois da lectura da súa tese de doutoramento.

7.2. Os solicitantes incluídos nos puntos 2.2.a), 2.2.b) e 2.2.c) entregarán unha relación das 5 publicacións máis salientables, dos 3 últimos anos. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos salientables dela (autor/es, título, editorial, revista, etc.). No caso dos solicitantes do punto 2.2.c) das publicacións presentadas deberá deducirse a súa vinculación co director do grupo de investigación que expide a certificación á que se refire o punto 7.4. Os solicitantes incluídos no punto 2.2.d) entregarán especificamente certificación académica da licenciatura e dos estudios de terceiro ciclo.

7.3. Plan de traballo no que se faga consta-lo calendario e programa das actividades que se van realizar. No caso de bolseiros de investigación presentarase co visto e prace do director que asume a supervisión da actividade investigadora do solicitante.

7.4. Autorización para realiza-la estadía acreditada mediante:

-Certificación expedida polo secretario do departamento, no caso de solicitantes vinculados á universidade, facendo referencia ó correspondente acordo do consello de departamento.

-Certificación expedida polo director do centro de investigación, no caso de solicitantes vinculados a outros centros de investigación.

-Certificación expedida polo director do grupo de investigación ó que pertence o solicitante, no caso de solicitantes ós que se refire o punto 2.2.c).

7.5. Aceptación do centro onde se vai desenvolve-lo traballo.

8. Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando se é o caso as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería de Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións pronvinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense, nos da vicexerencia do campus de Lugo, nos da Delegación en Galicia do CSIC, nos do Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta desde o 8 ó 19 de abril de 1999, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos,

ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

9. Criterios de selección.

A avaliación das solicitudes farase conforme os seguintes criterios:

9.1. Méritos ós que se refire o punto 7.2.

9.2. Plan de traballo e o seu interese, segundo o establecido no punto 7.3.

9.3. A Comisión poderá darlle prioridade:

-A aquelas solicitudes que supoñan a realización dun traballo de investigación que se encadre nos programas prioritarios do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, sin supera-lo 20% do orzamento destinado a esta acción.

-A estadías fóra de Europa de duración superior a 1 mes.

-A estadías fóra de España e Portugal de duración superior a 15 días.

-Ás persoas que non resultaron beneficiarias dunha destas bolsas por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 31 de xullo de 1997 e da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento do 14 de xullo de 1998 (DOG do 26 de agosto de 1997 e do 28 de xullo de 1998, respectivamente).

10. Resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo

Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

11. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da acción.

Os beneficiarios das bolsas están obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de incorporación ó centro de destino e unha vez incorporados deberán encontrarse, en todo momento, en condicións de xustifica-lo seu labor asiduo no devandito centro. Calquera interrupción ou aprazamento do período de desfrute, dentro do prazo sinalado no punto 5 das presentes bases, deberá ser previamente autorizado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Non se admitirán cambios nos centros de destino salvo circunstancias excepcionais que así o aconsellen, logo de informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados.

Os beneficiarios de bolsas con estadías de máis de 6 meses, antes de remata-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un informe do labor realizado ata o momento. Tódolos bolseiros, nos dous meses seguintes ó remate do período de desfrute, deberán presentar un informe final do traballo realizado, que deberá incluí-la copia dos traballos eventualmente publicados e mailo informe do director do centro de destino sobre o labor realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no centro. No caso dos bolseiros de investigación incluídos no punto 2.2.d), o informe final presentarase co visto e prace do director do traballo.

O incumprimento de calquera dos compromisos contraídos polo beneficiario poderá dar lugar, se é o caso, á supresión da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas.

En calquera momento a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá reclamar do centro receptor un informe sobre o labor realizado polo bolseiro.

12. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir todas e cada unha das condicións recollidas nas presentes bases; así mesmo, entregarase declaración xurada na que conste que non dispón doutra bolsa para o mesmo fin.

13. Publicación dos resultados obtidos.

Os resultados obtidos con ocasión do desfrute da bolsa serán propiedade dos seus autores que, no caso de facelos públicos, deberán facer consta-la axuda recibida da Xunta de Galicia e terán que enviarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar da publicación na que se recolla.

14. Incidencias.

As renuncias que se produzan poderán ser substituídas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento de acordo coa lista de reserva, se a houbese.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que puideran xurdir na aplicación da presente convocatoria.

ANEXO VII

Axudas para organización de congresos que

se van celebrar en Galicia

Teñen como finalidade axudar ós órganos individuais ou colectivos das universidades da Comunidade Autónoma e ós centros de investigación radicados nela, a sufraga-los gastos de organización de reunións de carácter científico e tecnolóxico, con estructura de relatorios e comunicacións, que teñan lugar na nosa Comunidade Autónoma e contribúan a difundi-los coñecementos e os avances da investigación.

Bases da convocatoria

1. Solicitantes e finalidade.

As axudas serán solicitadas para unha reunión científica específica, que se van celebrar en Galicia, polo responsable do seu comité organizador, que terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dunha universidade da Comunidade Autónoma ou dun centro público de investigación radicado na nosa Comunidade. Só se financiarán actividades con estructura de relatorios e comunicacións.

2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 15 (que se publica como anexo XXI á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir acompañadas, inescusablemente, da seguinte documentación:

-Certificación do organismo, institución ou sociedade correspondente no que conste expresamente o acordo de organiza-la actividade científica e a designación do comité organizador.

-Orzamento detallado de ingresos e gastos, segundo o modelo oficial.

-Programa provisional no que conste a relación prevista de conferenciantes invitados, e as activi

dades que se van realizar. A presentación do programa definitivo será condición necesaria para o pagamento da axuda.

-A composición do comité científico.

-Boletín de inscrición.

-Circular/es do congreso.

-Outros documentos que consideren oportunos.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro) e presentaranse a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

As solicitudes irán acompañadas da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de marzo de 1999.

3. Axudas.

3.1. Contía.

As axudas consistirán nunha subvención que en ningún caso superará as cantidades, en pesetas, que a continuación se indican, segundo o seu carácter:

Internacional: 800.000 ptas.

Nacional: 400.000 ptas.

Local: 200.000 ptas.

Para os efectos desta convocatoria enténdese que:

-Son congresos internacionais aqueles organizados por entidades ou asociacións recoñecidas de carácter internacional.

-Terán carácter nacional os organizados por entidades ou asociacións de carácter nacional.

Os departamentos universitarios, centros universitarios e centros de investigación radicados na nosa Comunidade Autónoma poderán solicita-la organización de congresos de carácter propio do seu ámbito territorial directamente; tamén poderán solicita-la organización de congresos de carácter nacional ou internacional, se forman parte ou delega neles, unha institución científica que teña recoñecido o carácter nacional ou internacional.

3.2. Utilización.

-As subvencións só se destinarán a financia-los gastos relacionados con algunha das seguintes actividades:

a) Difusión dos programas de reunión.

b) Custos de participación dos relatores e conferenciantes.

c) Edición das actas.

En ningún caso se financiarán actividades que se realizaran con anterioridade á data de publicación da presente orde no DOG ou que se vaian realizar con posterioridade ó 31 de marzo do ano 2000, tomando, para estes efectos, como referencia a data de inicio da reunión. En ningún caso poderá financiarse a mesma actividade con cargo a dúas convocatorias consecutivas desta consellería.

4. Comisión de selección e resolución do concurso.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

5. Obrigas dos beneficiarios.

No caso de concesión da axuda, a entidade organizadora fará constar en toda a información e documentación a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Así mesmo, deberá remitirlle o programa definitivo e unha memoria das actividades realizadas.

6. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas ós beneficiarios mediante libramento ó organismo con personalidade xurídica propia e de acordo coa normativa vixente; previamente ó pagamento, os beneficiarios deberán ter presentado o programa definitivo.

7. Incidencias.

Calquera modificación que se vaia realizar nas actividades subvencionadas deberá ser comunicada á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Non observar calquera destas bases suporá a perda das cantidades percibidas como subvención.

ANEXO VIII

Subvencións a publicacións periódicas

Estas axudas teñen como finalidade potenciar na nosa Comunidade Autónoma a edición de publicacións periódicas de carácter científico, que sexan de interese para esta comunidade.

Bases da convocatoria

1. Solicitantes.

As axudas poderán solicitarse para aquelas publicacións periódicas que reúnan os seguintes requisitos:

1.1. Deberán ser publicacións editadas por algún dos servicios ou dependencias das universidades galegas competentes para tal efecto, ou ben coeditadas entre algún deles e outras institucións. Esta competencia deberá acreditarse mediante certificado da universidade correspondente.

Admitiranse así mesmo solicitudes relativas a publicacións editadas por institucións sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma, que teñan entre os seus fins a realización de actividades de investigación científica ou tecnolóxica.

1.2. Estar en posesión do correspondente ISSN.

1.3. Dispor de comité de redacción.

1.4. Dispor de sistema de avaliación, mediante censores, para a selección dos traballos que serán obxecto de publicación.

1.5. Admiti-la publicación de artigos nas linguas propias dos países ós que pertencen as institucións que participan na súa edición; no caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

2. Tramitación das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 10 (que se publica como anexo XXII á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC, no Instituto Español de Oceanografía (Vigo) e en INTERNET nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Un exemplar da publicación, se é o caso, ou o proxecto de publicación.

-Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo órgano competente da universidade/institución sen fins de lucro correspondente na que conste o cumprimento do establecido no punto 1.1.

-Avance do ingreso previsto por venda directa de exemplares ou subscricións, especificando o sistema de distribución empregado, co fin de que a Comisión de Selección de Investigación poida considera-la tendencia ó autofinanciamento.

-No caso de publicacións de entidades sen fins de lucro enviarase así mesmo o orzamento de edición realizado pola imprenta correspondente.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia co visto e prace do seu representante legal.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 22 de abril de 1999.

As solicitudes irán acompañadas da correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

3. Selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A Comisión rexeitará tódalas solicitudes encamiñadas á dotación de equipamento (material informático, mobiliarios, maquinaria, etc.) e pagamento de persoal das revistas.

4. Libramento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante libramento ós beneficiarios a través do organismo con personalidade xurídica propia na que aqueles estean integrados. Previamente ó pagamento, e en todo caso antes do 22 de outubro de 1999, os beneficiarios deberán remitir á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá solicitarlles ós beneficiarios a presentación dunha memoria na que se detalle o investimento da subvención concedida.

No caso de demostrarse a inadecuación do gasto ou o incumprimento dalgunha das bases da convocatoria, procederase á reclamación das cantidades xa pagadas e poderanse propo-las accións legais que puideran corresponder de acordo coa lexislación vixente.

Os beneficiarios quedan obrigados a facer constar nas correspondentes publicacións a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

ANEXO IX

Ramas, especialidades, módulos e ciclos superiores que poden ser solicitados polos centros na convocatoria de bolsas para especialistas de FP-2, no ano 1999

A) Ramas e especialidades correspondentes ó plan anterior á reforma do ensino secundario:

RamaEspecialidade

-Administrativa e comercial:-Contabilidade

-Informática de empresa

-Informática de xestión

-Secretariado bilingüe e comercial

-Secretariado executivo multilingüe

-Agraria:-Admón. e xestión de empresas agrarias

-Explotacións agropecuarias

-Mecanización agraria

-Viticultura e enotecnia

-Artes gráficas:-Impresión

-Reproducción fotomecánica

-Automoción:-Mecánica e electricidade do automóbil

-Construccións e obras:-Fontanería

-Delineación:-Delineación en edificios e obras

-Delineación industrial

RamaEspecialidade

-Electricidade e electrónica:-Electrónica de comunicacións

-Electrónica industrial

-Equipos de informática

-Instalacións frigoríficas e climatización

-Instalacións e liñas eléctricas

-Mantemento electromecánico

-Máquinas eléctricas

-Madeira:-Deseño e fabricación de mobles

-Ebanistería

-Marítimo-pesqueira:-Cultivos mariños

-Electricidade naval

-Mecánica naval

-Pesca marítima

-Metal:-Automatismo, pneumáticos e oleohidráulicos

-Moda e confección:-Confección industrial de pezas de roupa exteriores

-Perruquería e estética:-Estética

-Perruquería

-Química-Análise e procesos básicos

-Sanitaria:-Anatomía patolóxica

-Coidador de diminuídos psíquicos

-Dietética e nutrición

-Hixienista dental

-Laboratorio

-Protésico dental

-Radiodiagnóstico

-Servicios socioculturais:-Xardíns de infancia

B) Módulos profesionais (M3) impartidos en Galicia durante os cursos académicos 1994-1995/1995-1996 e 1996-1997:

RamaMódulos

-Administrativa e comercial:-Administración de empresas

-Comercio exterior

-Secretariado executivo multilingüe

-Agraria:-Aproveitamentos forestais e conservación da natureza

-Hortofruticultura

-Electricidade e electrónica:-Mantemento en instalacións e servicios

-Sistemas automáticos e programables

-Imaxe e son:-Mantemento e operación técnica de equipos de radio e TV.

-Operacións de imaxe e son.

-Realización, producción e operacións de programas audiovisuais

-Metal:-Fabricación mecánica

-Sanitaria:-Activid. físicas e animación deportiva

-Servicios socioculturais:-Educador infantil

C) Réxime de ensinanzas especializadas que se imparten nas escolas de artes e oficios artísticos:

Especialidade:

-Cerámica.

-Cerámica artística.

-Deseño gráfico.

-Deseño de interiores.

-Deseño do moble.

-Deseño de moda.

-Deseño en ouro e xoiería.

-Fotografía.

-Gráfica publicitaria.

-Gravado calcográfico.

-Proxectos e dirección de obras de decoración.

-Talla artística en pedra.

-Talla de madeira.

-Volume.

-Xoiería artística.

D) Ciclos formativos das ensinanzas de FP-2, grao superior:

Familias profesionaisEspecialidade

-Actividades agrarias:-Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos

-Actividades físicas e deportivas:-Animación de Activ. físicas e deportivas

Familias profesionaisEspecialidade

-Activ. marítimo-pesqueiras:-Producción acuícola

-Administración:-Administración e finanzas

-Comercio e marketing:-Comercio internacional

-Xestión comercial e marketing

-Comunicación, imaxe e son:-Imaxe

-Producción de audiovisuais, radio e espectáculo

-Realización de Audiovi. e espectáculos

-Son

-Edificación e obra civil:-Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas

-Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción

-Electricidade e electrónica:-Desenvolvemento de productos electrónicos

-Instalacións electrotécnicas

-Sistemas de regulación e control automáticos

-Sist. de Telecomunic. e informáticos

-Fabricación mecánica:-Producción por mecanizado

-Hostelería e turismo:-Axencias de viaxes

-Información e comercialización turísticas

-Restauración

-Informática:-Admón. de sistemas informáticos

-Desenvolvemento de aplicacións Infor.

-Mantemento de vehículos autopropulsados:-Automoción

-Mantemento de servicios á producción:-Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutención

-Mantemento de equipo industrial

-Mantemento e montaxe de instalacións de edificios e proceso

-Química:-Análise e control

-Anatomía patolóxica e citoloxía (privª)

-Química ambiental (1400 h)

-Sanidade:-Dietética

-Documentación sanitaria (1400 h)

-Hixiene bucodental (1400 h) privada

-Servicios socioculturais e á comunidade:-Educación infantil

ANEXO X

Ciencias experimentais e matemáticas

-Licenciado en bioloxía.-Licenciado en bioquímica.-Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos (só de 2º ciclo).-Licenciado en ciencias ambientais-Licenciado en ciencias do mar.-Licenciado en ciencias e técnicas estatísticas (só de 2º ciclo).-Licenciado en física.-Licenciado en matemáticas.-Licenciado en química.-Licenciado en xeoloxía.

Ciencias tecnolóxicas e informática

-Arquitecto.-Enxeñeiro aeronáutico.-Enxeñeiro agrónomo.-Enxeñeiro de camiños, canais e portos.-Enxeñeiro en electrónica (só de 2º ciclo).-Enxeñeiro industrial.-Enxeñeiro de materiais (só de 2º ciclo)-Enxeñeiro en informática.-Enxeñeiro de minas.-Enxeñeiro de montes.-Enxeñeiro naval e oceánico.-Enxeñeiro en organización industrial (só 2º ciclo).-Enxeñeiro en automática e electrónica industrial (só 2º ciclo).-Enxeñeiro químico.-Enxeñeiro en telecomunicacións.

-Enxeñeiro en xeodesia e cartografía (só de 2º ciclo).-Licenciado en máquinas navais (só de 2º ciclo).-Licenciado en náutica e transporte marítimo (só de 2º ciclo).-Licenciado en radioelectrónica naval (só de 2º ciclo).

Medicina e ciencias da saúde

-Licenciado en farmacia.-Licenciado en medicina.-Licenciado en odontoloxía.-Licenciado en veterinaria.

Ciencias sociais

-Licenciado en administración e dirección de empresas.-Licenciado en ciencias actuariais e financeiras (só de 2º ciclo).-Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.-Licenciado en ciencias políticas e da administración.-Licenciado en comunicación audiovisual.-Licenciado en dereito.-Licenciado en documentación (só de 2º ciclo)-Licenciado en economía.-Licenciado en investigación e técnicas de mercado (só de 2º ciclo).-Licenciado en pedagoxía.-Licenciado en psicopedagoxía (só de 2º ciclo).-Licenciado en psicoloxía.-Licenciado en publicidade e relacións públicas.-Licenciado en socioloxía.-Licenciado en xornalismo.

Humanidades

-Licenciado en antropoloxía social e cultural (só de 2º ciclo).-Licenciado en belas artes.-Licenciado en filoloxía alemana.-Licenciado en filoloxía árabe.-Licenciado en filoloxía catalana.-Licenciado en filoloxía clásica.-Licenciado en filoloxía eslava.-Licenciado en filoloxía francesa.-Licenciado en filoloxía galega.-Licenciado en filoloxía hebrea.-Licenciado en filoloxía hispánica.-Licenciado en filoloxía inglesa.-Licenciado en filoloxía italiana.-Licenciado en filoloxía portuguesa.-Licenciado en filoloxía románica.-Licenciado en filoloxía vasca.-Licenciado en filosofía.-Licenciado en xeografía.-Licenciado en historia.-Licenciado en historia da arte.-Licenciado en historia e ciencia da música.-Licenciado en humanidades.-Licenciado en teoría da literatura e literatura comparada (só de 2º ciclo).-Licenciado en lingüística (só de 2º ciclo).-Licenciado en traducción e interpretación.