Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-53/98, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalan a continuación, a iniciación do correspondente expediente sancionador por infracción á Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Mª Concepción Ameijide Rodríguez-Moldes, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 2 de decembro de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-53/98.

Denunciado: Camilo Díaz Pérez.

DNI: 34.253.918.

Enderezo: Feás, 3, Castro de Rei-Paradela (Lugo).

Feitos imputados: incumpri-las normas que regulan o adestramento de cans nas zonas que se establecen para o efecto, ó atoparse adestrando dous cans de

raza Grifón un día inhábil. Feitos constatados o día 17-10-1998 no couto LU-10.141.

Preceptos infrinxidos: 57.13º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas.