Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 1999 Páx. 786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes P-74/98 e dous máis incoados por infracción á Lei de pesca fluvial e devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8 de xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo, 2 de decembro de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-74/98.

Denunciado: José Manuel Tourón Lence.

DNI: 76.618.848.

Enderezo: Tosal, 12, Lousadela-Sarria (Lugo).

Feito denunciado: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia o día 11-4-1998 no tramo libre do río Sarria-Santiago da Veiga.

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa. Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un ano desde que a resolución sexa firme.

Expediente nº: P-99/98.

Denunciado: Camilo Sánchez Chavoarcas.

DNI: 34.916.011.

Enderezo: Santa Uxía de Asma-Chantada (Lugo).

Feito denunciado: pescar nun lugar prohibido para o efecto (canle de derivación dedicado ó regadío de prados), o día 26-4-1998 no río Asma, couto de Chantada-Viana, Chantada.

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa. Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un ano desde que a resolución sexa firme.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción, están depositadas na Oficina de Medio Ambiente de Monforte.

Expediente nº: P-116/98.

Denunciado: Antonio Rubial Simón.

DNI: 10.049.288.

Enderezo: Las Ventas de Alvares-Torre del Bierzo-León.

Feito denunciado: pescar nun tramo vedado no río Sarria (entre a ponte da Capela do Ciprés e encoro de Vizarro) o día 22-4-1998.

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa. Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un ano desde que a resolución sexa firme.