Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 764

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL VIGO-ZOO

ANUNCIO da modificación dos estatutos da Federación Galega de Motociclismo.

Aprobada a modificación dos artigos 30 c), 44.1º, 50, 51, 52 e 53 dos estatutos sociais pola asemblea da Federación Galega de Motociclismo do 12 de outubro de 1998 e pola Secretaría Xeral para o Deporte o 10 de novembro de 1998, publícanse a continuación as modificacións producidas:

Artigo 30º

Engadir na alínea: «c) En ningún caso poderá ser ó mesmo tempo presidente doutra federación ou club».

Artigo 44.1º

«1. A xunta electoral estará composta por un representante de cada un dos estamentos: entidades deportivas, deportistas e cargos oficiais. Que serán elixidos mediante votación na asemblea xeral. Designaranse así mesmo os membros suplentes, en igual número e condición cós titulares».

Artigo 50º

«Os representantes das entidades deportivas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os representantes dos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que integran o censo de entidades deportivas inscritas no rexistro público da federación e no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria das eleccións, e estivesen igualmente inscritos durante a tempada deportiva anterior, sempre que organizasen ou participasen en competicións ou

actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Motociclismo.

Enténdese por competición ou actividade deportiva de carácter oficial para as entidades deportivas a organización, ou participación a través dos deportistas que as representen, de competicións ou actividades correspondentes os campionatos galegos aprobados pola asemblea xeral».

Artigo 51º

«Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan licencia en vigor expedida pola Federación Galega de Motociclismo no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, ó menos, durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Motociclismo. Considerándose competicións ou actividades de carácter oficial aquelas puntuables para os campionatos galegos».

Artigo 52º

«Os representantes dos cargos oficiais na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertencentes a este estamento, calquera que sexa a súa categoría, dos que teñan licencia en vigor expedida pola Federación Galega de Motociclismo no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, como mínimo, na tempada deportiva inmediatamente anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Motociclismo. Tendo a consideración de competicións ou activivdades de carácter oficial aquelas puntuables para os campionatos galegos».

Artigo 53º

Engadir ó final do artigo: «Os candidatos a presidente deberán ser membros da asemblea xeral».

Vigo, 18 de decembro de 1998.

Luis Acuña Fandiño

Secretario xeral da Federación Galega

de Motociclismo