Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 752

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (174/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 174/1995, séguense autos de Decl. Men. Cuant. Rec. Cantid., a instancia do procurador Julio Barreiro Fernández en representación de Carlos Gómez Fernández e Enrique Cancelo Aller, contra Cercotrans, S.L., en reclamación de cantidade, e nas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da valoración pericial, o seguinte ben embargado ó demandado:

1. Dereitos derivados da cesión do producto de transporte Cargoexpress no ámbito xeográfico de Galicia do que o contido, coas obrigacións e cargas correspondentes, vén expresado polo contrato 2.15.010-1 aportado nas actuacións, e que se extinguirá respecto dos eventuais adquirentes de resultar resolto o contrato no xuízo de menor contía 1108/1995 do Xulgado de Primeira Instancia número catorce de Madrid.

A poxa terá lugar na sala da Audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, nº 2, do Polígono das Fontiñas, o vindeiro día 18 de febreiro ás once horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 41.251.705 pesetas, sen que se admitan poxas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poderen tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no B.B.V. número conta 1592-15-174-95 o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse poxas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só a parte autora poderá facer o remate á calidade de cedelo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor ás consignacións dos licitadores que non foren rematantes e que o admitan e cubriran o tipo da poxa, para os efectos de que se o primeiro adxudicatario non cumprise coa obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan na orde das súas respectivas ofertas.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do autor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade das respectivas ofertas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese licitadores na primeira poxa sinálase para a segunda o día dezaseis de marzo ás once horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de quedar deserta a devandita segunda poxa, celebrarase unha terceira sen suxeición a tipo, o día vinteún de abril, tamén ás once horas, sendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Santiago de Compostela, un de decembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado