Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da distribución de butano.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da distribución de butano (código 2700015), da provincia de Lugo, asinado o día 12 de novembro de 1998, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Distribución de Butano de Lugo e da central sindical CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de decembro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial de distribución

de butano de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio de distribución de butano será de aplicación para tódalas empresas a actividade das cales estea rexida as súas relacións de traballo pola Ordenanza Laboral de Butano, S.A., e axencias distribuidoras, publicada no BOE do 8-8-1974.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos neste convenio tódolos traballadores das empresas incluídas no seu ámbito

funcional coa excepción dos menores de 16 anos, dos que queda prohibida a súa contratación.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As disposicións do presente convenio rexerán para as empresas de Lugo e provincia, incluídas, no ámbito funcional e persoal, para os seus traballadores, e para aqueloutras que, tendo un domicilio noutra provincia, os seus traballadores presten servicios nesta.

Así mesmo, quedan obrigadas cantas empresas poidan constituírse nun futuro na provincia de Lugo e queden enmarcadas no ámbito funcional do presente texto.

Artigo 4º.-Vixencia, duración e denuncia.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos a partir do 1 de xaneiro de 1998 e ata o 31 de decembro de 1998; sendo preceptiva a denuncia por algunha das partes, cunha antelación mínima dun mes á data de caducidade. Para a percepción de atrasos aplicarase o determinado na cláusula adicional primeira do presente texto.

Artigo 4º bis.-Cláusula de revisión.

No suposto de que o IPC o 31 de decembro de 1998 rexistrase un incremento, con relación á mesma data de 1997, superior ó 2,1%, efectuarase unha revisión salarial sobre os conceptos da táboa salarial do ano 1998 igual ó exceso da indicada cifra.

A dita revisión terá efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 1998 e, aboarase nunha soa paga que se fará efectiva no 1º trimestre de 1999, sendo agregada á masa salarial e tomada en conta para os incrementos de convenios sucesivos.

Artigo 5º.-Comisión mixta paritaria.

Constitúese unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio colectivo, composta por dous asinantes de cada parte (2 da CIG e 2 da representación empresarial). A dita comisión cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como de interpretación e seguimento. En caso de non chegarse a acordo na comisión, ambas partes sométense á competencia do SMAC e da xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Xornada.

A xornada laboral durante a vixencia do presente convenio será de 40 horas semanais.

Independentemente do anterior, os días 24 e 31 de decembro, atendendo á súa especial significación, redúcese a xornada efectiva de traballo de acordo cos seguintes criterios:

A xornada de traballo efectuarase entre as 9 e as 15 horas, cun descanso intermedio de 15 minutos que se considerará para tódolos efectos como efectivo de traballo.

Esta reducción horaria non será susceptible de recuperación noutras xornadas nin de compensación mediante a reducción retibutiva.

Artigo 7º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores con 64 anos cumpridos, incluídos no ámbito persoal deste convenio, que desexen acollerse á xubilación co 100% dos dereitos poderán facelo, véndose as empresas na obriga de contratar outro traballador perceptor das prestacións de desemprego a través de calquera das modalidades de contratación previstas na lexislación vixente en cada momento; exceptuaranse as contratacións a tempo parcial e as temporais terán unha duración mínima en calquera caso, superior a un ano e tendendo ó máximo legal respectivo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán 30 días de vacacións anuais con independencia da súa categoría e antigüidade.

Artigo 9º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que na data da súa xubilación, leven prestados 10 anos de servicio na empresa percibirán, baixo a denominación de premio de xubilación, as seguintes cantidades:

-Ós 65 anos: 1 mensualidade.

-Ós 64 anos: 2 mensualidades.

-Ós 63 anos: 3 mensualidades.

-Ós 62 anos: 4 mensualidades.

-Ós 61 anos: 5 mensualidades.

-Ós 60 anos: 6 mensualidades.

Artigo 10.-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

As empresas reservarán o posto de traballo a aqueles traballadores que presten o servicio militar ou prestación social substitutoria, percibindo durante este período as pagas extras, independentemente da antigüidade que o traballador teña ó día da súa incorporación ó servicio activo.

Artigo 11º.-Beneficios.

En concepto de participación dos beneficios, as empresas aboarán ós seus traballadores, anualmente, dentro do primeiro trimestre do exercicio económico seguinte, o importe dunha mensualidade de salario base, incrementada co plus de asistencia de actividade, así como da antigüidade.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

As percepcións salariais que teñen este carácter quedan fixadas, a partir deste convenio, en tres coa contía seguinte:

As correspondentes ó 25 de xullo (Día da Patria Galega), e Nadal serán aboadas como unha men

sualidade de 30 días cada unha de salario base, incrementandose tamén co plus de asistencia actividade e antigüidade.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán no mes de outubro, unha terceira gratificación extraordinaria equivalente a 10 días de salario base máis antigüidade e plus de asistencia e actividade.

Artigo 13º.-Contratación.

No uso da posibilidade prevista na Lei 63/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concerta-los contratos eventuais previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, cunha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a 12 meses, poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

A posibilidade de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para os casos dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas semanais ou 48 horas mensuais.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

As empresas afectadas polo presente convenio concederán obrigatoriamente licencias retribuídas como realmente traballadas ós seus operarios nos seguintes casos:

a) Casamento do traballador: 20 días naturais ininterrompidos.

b) Nacemento dun fillo: 3 días naturais, ampliables a cinco en caso xustificado.

c) Enfermidade grave do cónxuge: 3 días laborais que poderán ser prorrogados discrecionalmente pola dirección da empresa.

d) Enfermidade grave de fillos e pais: 3 días naturais.

e) Pasamento do cónxuge: 5 días naturais.

f) Pasamento de pais, avós, tíos, fillos: 4 días naturais.

Co fin de posibilita-lo desfrute dos traballadores dedicados á actividade de distribución de butano do 1 de xullo, festa patronal do sector, entenderase tal xornada como licencia retribuída.

Nos supostos non previstos neste artigo aplicarase o disposto no texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 15º.-Baixa por enfermidade ou accidente.

No caso de enfermidade do traballador, as empresas aboarán un complemento salarial entre o total

do soldo base, antigüidade, e mailo plus de asistencia e actividade e o percibido polo traballador na prestación correspondente ata completa-lo 100%. Esta medida será aplicada naqueles supostos nos que a enfermidade provoque a baixa do traballador por máis de 30 días naturais.

As baixas provocadas por accidente implicarán o pago do 100% do salario bruto resultante dos conceptos establecidos no presente convenio, por parte dela, desde o 1º día. A empresa reservará para si o dereito de comprobar mediante un médico que ela designe a realidade da situación da IT, correndo pola súa conta tales comprobacións que se poderán efectuar cantas veces quixer.

No suposto de incapacidade temporal por maternidade en aplicación do disposto na Lei xeral da Seguridade Social as traballadoras percibirán, desde o primeiro día e mentras subsista a dita situación, o 100% da base reguladora.

Artigo 16º.-Seguro de invalidez e morte por accidente de traballo.

As empresas dotarán a tódolos traballadores afectados polo presente convenio dunha póliza de seguros, polos valores seguintes, independentemente das indemnizacións que puideran corresponder:

-Por morte do traballador: 2.500.000 ptas.

-En caso de que un accidente de traballo provoque a invalidez total ou absoluta do traballador: 3.500.000 ptas.

O cobro da póliza asignada ó suposto de morte do traballador, será percibido pola persoa ou persoas designadas por este con antelación.

As empresas afectadas polo seguinte convenio colectivo disporán de trinta días a partir da publicación para a modificación das referidas pólizas.

Artigo 17º.-Roupa de traballo (inverno-verán).

As empresas entregarán ós traballadores a roupa de traballo necesaria para a realización dos traballos encomendados, segundo o seguinte criterio:

Dous equipos ó entrar na empresa e un máis cada catro meses.

Nembargantes, tendo en conta as condicións climatolóxicas da zona na temporada de inverno, entre o 15 de setembro e o 30 de abril, as empresas dotarán os seus operarios do material de traballo preciso e bastante para desenvolvelo. Tal material será, como mínimo, un par de guantes, botas e traxe de augas. Todo coas características de calidade, forma e cor esixidas legalmente.

Artigo 18º.-Excedencias.

De conformidade co establecido no artigo 46 do Estatuto dos traballadores o persoal afecto polo presente convenio que conte cunha antigüidade na

empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo mínimo de 2 anos e máximo de 5 anos. Este dereito non poderá ser exercido ata transcorridos catro anos desde o remate da última excedencia.

Do mesmo xeito o persoal terá dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo natural ou adoptivo contado desde a data do nacemento ou adopción deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, poñería fin ó que se estivera desfrutando. Cando o pai e a nai traballen só un deles poderá exercer tal dereito.

Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os/as traballadores/as que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo. Neste suposto non é preciso te-la antigüidade establecida no parágrafo primeiro deste artigo.

Artigo 19º.-Soldo base.

Durante o ano de vixencia do presente convenio (1998), os salarios base, segundo categoría, quedan establecidos de acordo coa táboa salarial anexa I, que recolle un incremento respecto do ano 1997 dun 2,1%, e serán percibidos por tódolos traballadores afectados e incluídos no ámbito persoal deste convenio.

Artigo 20º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán a cantidade de 278 ptas. por día efectivo de traballo en concepto de plus de transporte, a partir do 1 de xaneiro de 1998. En cómputo mensual o dito plus non poderá ser inferior a 6.950 ptas. para o operario sen faltas de asistencia ó traballo inxustificadas.

Establécese o seguinte cadro de penalizacións:

-Por dúas faltas inxustificadas, perderase o plus de tres días.

-Por catro faltas inxustificadas, perderanse 7 días de plus.

-Por cinco faltas inxustificadas, perderase todo o plus de transporte dun mes. Tal plus será percibido por todos os traballadores calquera que sexa o desprazamento que se realice desde o seu domicilio dentro do municipio ó centro de traballo e os medios de transporte utilizados.

Artigo 21º.-Plus de asistencia e actividade.

Tal plus será percibido por tódolos traballadores sen distinción de categoría e por día de traballo na contía de 358 pesetas diarias, a partir do 1 de xaneiro de 1998.

En calidade de plus de actividade, para ser percibido por aqueles que teñan baixo a súa respon

sabilidade directa o reparto de butano, estes terán que repartir na xornada laboral correspondente a 1 día a cantidade de 70 bombonas tipo familiar, en entrega domiciliaria.

Para que a empresa poida esixir tal rendemento no traballo terá que selo en condicións óptimas, tanto no referido a climatoloxía, estado do vehículo, estado do operario, así como tampouco poderá ser esixido cando as causas que motivan un reparto inferior ó aquí pactado sexa por causas alleas ó traballador.

O plus de asistencia e actividade será percibido durante as vacacións e tódalas pagas extras e durante a situación de IT.

Artigo 22º.-Plus de longo percorrido.

Aqueles conductores que realicen distancias superiores a 25 kilómetros, percibirán un plus de 7.862 pesetas mensuais.

Artigo 23º.-Plus de quebranto de moeda.

Aqueles traballadores que efectúen operacións monetarias por encargo da empresa terán unha compensación económica de 1.588 pesetas mensuais polo concepto de quebranto de moeda.

Artigo 24º.-Clasificación do persoal.

A clasificación dos operarios afectados polo presente convenio será como segue:

a) Persoal administrativo, composto por: encargado xeral, encargado de almacén, xefe de negociado, oficial de primeira, oficial de segunda, auxiliar administrativo, cobrador.

b) Persoal operario: conductor de camión pesado, conductor de camión de reparto, mecánico-visitador, mecánico-instalador, conductor de carreta elevadora, mozo de reparto, mozo de almacén, garda.

c) Persoal auxiliar: limpadora.

Para aquelas funcións excluídas da presente clasificación, aplicarase o disposto na regulamentación estatal de traballo aplicable.

Artigo 25º.-Condicións máis beneficiosas.

Manteranse as condicións máis beneficiosas nas empresas en canto superen, no seu conxunto, as especificadas neste convenio.

Artigo 26º.-Garantías no caso de retirada do carné de conducir.

O operario que desenvolva traballos de conductor, ou que teña que conducir para desempeña-lo seu traballo, terá garantido, no caso que lle sexa retirado o carné de conducir e mentres dure a sanción, que se lle teña en excedencia forzosa (non motivando deste xeito causa xusta de despedimento).

Tal medida non se aplicará no suposto de que tal situación protexida sexa retirada, superior a un ano ou motivada por intoxicación etílica manifesta.

Artigo 27º.-Crédito de horas sindicais.

Os delegados de persoal, nas empresas de menos de cen traballadores, poderán dispoñer dun crédito de 16 horas sindicais cada mes para realizaren as tarefas que se sinalan no Estatuto dos traballadores, horas que serán retribuídas conforme con esta lei, é dicir, como realmente traballadas.

Artigo 28º.-Taboleiro de anuncios.

As empresas poñerán, en lugar visible para tódolos traballadores, un taboleiro de anuncios a disposición dos delegados de persoal e dos sindicatos ós que pertenzan para inseri-lo convenio colectivo, calendario laboral e demais temas de interese laboral e sindical.

Artigo 29º.-Comisión de formación profesional.

As partes asinantes deste convenio acordan constituír unha comisión paritaria de formación profesional, integrada por 2 representantes da central sindical asinante do convenio (CIG) e 2 representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Distribución de Butano.

Serán funcións desta comisión:

* Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afectan ó sector de distribución de butano, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que se poden programar en diante.

* Elaborar estudios sobre necesidades para consegui-la homologación das cualificacións profesionais no sector para chegar a defini-la súa organización e programación, tanto ocupacional como regrada (observatorio ocupacional).

* Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica coa entrada en vigor do mercado único.

* Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Cláusula adicional primeira.

Para a percepción dos atrasos derivados da aplicación do artigo 4º establécese un prazo de 2 meses contado desde a publicación do presente convenio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Cláusula adicional segunda.-Cambio de ámbito de aplicación.

Serán de aplicación as medidas previstas legalmente durante a vixencia do presente convenio, sendo preciso o acordo expreso de ámbalas partes asi

nantes para que o convenio de distribución de butano provincial de Lugo se poida ver afectado por un ámbito de aplicación maior ou menor.

Cláusula adicional terceira.-Compromiso de negociación.

Ámbalas partes comprométense a renegociar no sucesivo, o presente convenio no primeiro trimestre posterior ó seu vencemento.

A partir do 1 de xaneiro de 1999, as empresas comprendidas no ámbito deste convenio, aboaran ós seus operarios un anticipo equivalente ó 1% dos salarios mensuais deste convenio, a conta dos incrementos que se pacten para 1999.

Cláusula adicional cuarta.-AGA.

As partes asinantes deste convenio consideran o Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) como a canle axeitada para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Táboa salarial

1 de xaneiro de 1998 a 31 de decembro de 1998.

CategoríaDíaMes

Persoal administrativo
Xefe de persoal4.069122.070
Encargado xeral3.494104.820
Encargado de almacén3.11593.450
Xefe de negociado3.04791.410
Oficial de 1ª3.09592.850
Oficial de 2ª2.96088.800
Auxiliar administrativo2.99689.880
Cobrador2.64279.260

Persoal obreiro
Conductor camión pesado4.069122.070
Conductor reparto3.11593.450
Mecánico visitador2.92387.690
Mecánico instalador3.06992.070
Conductor carreta3.06792.010
Mozo de reparto2.81384.390
Mozo de almacén2.81384.390
Garda2.81384.390

Persoal auxiliar
Limpadora2.81384.390

Táboa salarios-anuais 1998

Categoría

Persoal administrativo
Xefe de persoal2.114.525
Encargado xeral1.862.897
Encargado de almacén1.675.591
Xefe de negociado1.639.344
Oficial de 1ª1.665.462
Oficial de 2ª1.604.693
Auxiliar administrativo1.620.619
Cobrador1.457.779

Categoría

Persoal obreiro
Conductor camión pesado2.114.525
Conductor reparto1.675.591
Mecánico visitador1.588.053
Mecánico instalador1.655.933
Conductor carreta1.653.163
Mozo de reparto1.536.662
Mozo de almacén1.536.662
Garda1.536.662

Persoal auxiliar
Limpadora1.536.662