Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a delimitación do contorno de protección do Castro de Elviña, na Coruña.

Advertido un erro na indicada resolución, publicada no DOG, do 2 de novembro de 1998, cómpre face-la seguinte corrección:

Páxina 11.812, no anexo I «Zonificación», no punto 1-2, segunda liña, onde di: «...percorre o límite oeste...», debe dicir: «...percorre o límite leste...».