Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 1999 Páx. 740

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de xaneiro de 1999 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para adultos e colectivos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con iso, recoñécelles ós cidadáns o dereito de coñecelo e de usalo. Mais non estaría garantido ese dereito se os cidadáns non tivesen a posibilidade de aumentar -ou iniciar, segundo o caso- o coñecemento e o dominio dos distintos rexistros da lingua propia de Galicia.

Entre as competencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, recollidas no Decreto 213/1998, figura a promoción e o ensino

da lingua galega, competencia que exerce, entre outros medios, a través da organización de cursos do idioma propio de Galicia. A estructura e o contido destes cursos reguláraos xa a propia consellería mediante unha Orde do 1 de marzo de 1989.

Por todo isto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1º

1. Convócanse cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega, que se celebrarán nas localidades que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, segundo as solicitudes presentadas e a súa distribución xeográfica.

2. O gasto ocasionado pola celebración destes cursos financiarase con cargo á partida 07.06.353F.640.2 do orzamento xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, por unha contía máxima de 140.000.000 de pesetas.

Artigo 2º

1. Poderán asistir a estes cursos tódalas persoas maiores de idade que o desexen, ben individualmente ou ben agrupadas por colectivos.

2. Para acceder ó curso de perfeccionamento é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso de iniciación.

3. O número de asistentes a cada curso será de 20 persoas como mínimo e de 35 como máximo.

Artigo 3º

1. Os cursos terán unha duración de 75 horas e neles impartiranse os contidos sinalados na Orde do 1 de marzo de 1989, pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento.

2. A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia de cada un dos asistentes non poderá ser superior ó 10% da duración total do curso.

3. A avaliación que se efectúe nestes cursos deberá responder ós principios de formativa e continua, e terá en conta o dominio oral e escrito do idioma, aplicándose as probas necesarias. Ó remate de cada curso, ós asistentes que superaron as distintas fases da avaliación outorgaráselles un certificado coa cualificación de apto.

Artigo 4º

1. O prazo de presentación das solicitudes rematará o 10 de febreiro de 1999.

2. Para a presentación das solicitudes utilizaranse os modelos de formularios que figuran como anexos I e II a esta orde de convocatoria.

As persoas e os colectivos que desexen realiza-los cursos en Santiago de Compostela presentarán a soli

citude no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os demais solicitantes presentarana no rexistro da delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na provincia á que pertenza a localidade onde queiran realiza-lo curso. En ámbolos dous casos é de aplicación o disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

3. Os solicitantes do curso de perfeccionamento deberán presentar, canda o formulario de solicitude, a fotocopia compulsada da certificación que acredite que teñen superado o curso de iniciación, ou ben da correspondente validación.

Artigo 5º

1. O horario, o lugar de celebración e a data de comezo de cada curso determinaraos a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Sobre a admisión das solicitudes resolverá a correspondente delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agás no caso daquelas que pidan asistir ós cursos da cidade de Santiago de Compostela, para as cales resolverá a Dirección Xeral de Política Lingüística.

3. As listas de admitidos faranse públicas nos taboleiros de anuncios do gabinete de normalización lingüística da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondente.

Para os cursos que se celebren en Santiago de Compostela, estas listas faranse públicas na Oficina de Información e Atención ó Cidadán da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 6º

Tódalas actividades que se realicen nestes cursos ateranse ó que se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística e mais no Decreto 173/1982, do 17 de novembro, sobre a normativización da lingua galega.

Disposición derradeira

1. Autorízase o director xeral de Política Lingüística para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento da presente orde.

2. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria