Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro do 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de repoboación do predio El Abelar, no concello de Abegondo (provincia da Coruña).

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, regula no seu artigo 5 o procedemento para a declaración do impacto ambiental, establecendo no punto 2º do dito artigo a necesidade de someter a información pública o estudio do impacto ambiental durante un período de 30 días hábiles. Por todo isto,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de repoboación do predio El Abelar, na parroquia de Vizoño, situada no termo municipal de Abegondo, na provincia da Coruña, durante un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-Para os oportunos efectos informativos poñeranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña, edificio Servicio

Múltiples, Salvador de Madariaga, s/n, 15008 A Coruña.

As alegacións formularanse durante o prazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1998.

Tomás Fernández Couto-Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural