Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T. de enlace da subestación de Bugarín coa L.M.T. Ponteareas-Vilasobroso, a favor da empresa Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A. e da que foi decretada con data 6-11-1998 a urxente ocupación segundo o Decreto 320/1998, publicado no DOG número 227, do 23 de novembro. (Expediente 96/409).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que o día 3 de febreiro de 1999, a partir das 11 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Ponteareas, sinalados cos números que en folla adxunta se detalla.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 17 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 96/409. Provincia: Pontevedra.

L.M.T. de enlace subestación Burgarín con L.M.T. Ponteareas-Vilasobroso.Termo municipal: Ponteareas.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

PA-6CachadasLabor-Viña

e froiteiras

Mª Jesús Castrodeza PortoSenén Canido, 5-1º A, 36860 Ponteareas830

PA-15XestaLabor-ViñaÓscar Troncoso BarreiraAvda. Castrelos, 25-2º, 36210 Vigo4450202
PA-27San VicenteLabor-ViñaAngelina García González

e Concepción Rivas González

Luis Taboada, 5-1º, 36201 Vigo48288
PA-32San VicenteLabor-ViñaMaría Lago DomínguezJuan XXIII, 4-7º C, 36202 Vigo1272
PA-34San VicenteLabor-ViñaJavier Lorenzo Rodríguez e irmánsSan Vicente, 38, 36860 Ponteareas46368
PA-35San VicenteViñaJavier Lorenzo Rodríguez e irmansSan Vicente, 38, 36860 Ponteareas841484
PA-36San VicenteLabor-Pendello

e froiteiras

Perfecto Piñeiro RiveraAbelán, 13 Fornelos, 36450 Salvaterra88528
PA-39San VicenteMonte altoPerfecto Piñeiro RiveraAbelán, 13 Fornelos, 36450 Salvaterra9428112