Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/304-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T, C.T. e R.B.T polígono 3-Parcela 16.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T, subterránea, a 20 kV, de 165 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde o apoio 3 da L.M.T. polígono industrial, rematando no C.T. que se proxecta na parcela 16, polígono industrial, concello de Salvaterra de Miño. C.T. de 250 KVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., de 48 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11266