Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 1999 Páx. 699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/302-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño.S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T , CT e R.B.T edificio Padinsa-Avda. Ponteareas.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T, subterránea, a 20 KV, de 152 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 7 da L.M.T xeral Salvaterra-Ponteareas rematando no CT que se proxecta no edificio Padinsa, Avda, Ponteareas, concello de Salvaterra de Miño.CT de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. RBT, subterránea, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 24 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11268