Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP número 273, do 27 de novembro de 1998, publicáronse integramente as bases da convocatoria da oposición para a provisión de catro prazas de policía local, vacantes no cadro de persoal do Concello de Oleiros.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, significándose que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria, se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

En Oleiros, nove de decembro do mil novecentos noventa e oito.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta