Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 11 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de aproveitamento do manancial Agro Longo pola sociedade Fontnatura, S.L.

Jesús Bendaña Suárez, delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que a sociedade Fontnatura, S.L., con enderezo na rúa San Roque, 4-3º B, de Lugo, solicita a autorización de aproveitamento do manancial Agro Longo, sito na parroquia de Serén, concello de Friol, da provincia de Lugo, tras obte-la oportuna declaración da condición de mineral das súas augas.

O perímetro de protección proposto vén definido polas tres zonas de restriccións previstas na Lei 5/1995, do 7 de xuño. Delas a de restriccións mínimas vén definida polas seguintes coordenadas xeográficas con meridiano orixe Greenwinch (datum europeo):

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 44' 40''43º 01' 20''

2-7º 43' 20''43º 01' 20''

3-7º 43' 20''43º 00' 00''

4-7º 44' 40''43º 00' 00''

O que se fai público co fin de que tódolos que teñan a condición de interesados, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio, poidan face-las alegacións que coiden oportunas.

Lugo, 11 de novembro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo