Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de demasías número 2368.1.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública a petición das demasías producidas na concesión de explotación de ampliación a Monte Fabeira nº 2368.1, situada nos termos municipais de Vila de Cruces e Silleda, solicitadas por Minas de Bandeira, S.A.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días a partir desta publicación, os titulares daquelas concesións mineiras estremeiras con ampliación a Monte Fabeira nº 2368.1, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 17 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra