Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 566

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polo que se fai público o resultado da proba escrita correspondente ó proceso de selección de quince farmacéuticos de atención primaria.

O resultado da citada proba escrita será exposto, na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios deste centro directivo, das direccións provinciais do Sergas e das xerencias de Atención Primaria.

De conformidade co previsto na convocatoria, aqueles aspirantes que acadasen unha puntuación igual ou superior a 40 puntos deberán achega-la documentación acreditativa dos méritos alegados. A dita documentación, que deberá presentarse no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, será dirixida á directora xeral da División de Farmacia e Productos Sanitarios.

Os aspirantes que non acadasen a puntuación resultan excluídos do proceso de acordo coa convocatoria.

Contra o resultado da proba escrita poderá reclamarse no devandito prazo.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos