Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 539

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 4 de xaneiro de 1999 pola que se regulan as axudas para a reestructuración do viñedo en Galicia.

A necesidade de mellora-los viños galegos obriga a dispoñer de viñedos constituídos por variedades de calidade adecuada, en en atención a aquelas explotacións que pola súas condicións de dimensións lles é difícil acollerse a plans de mellora de carácter integral e que constiúen a gran maioria das explotacións dos viticultores galegos, é preciso arbitrar unha liña de axuda que cubra estas necesidades.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30ª 1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1993, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Poderán acollerse ás axudas que recolle a presente orde aqueles agricultores que, cumprindo a lexislación vixente en materia de plantacións, subtitucións e replantacións, desexen substituí-los seus viñedos constituídos por variedades non preferentes ou autorizadas, por variedades autóctonas ou recomendadas, de acordo co establecido no Regulamento (CEE) nº 3800/81, da Comisón, sobre clasificación de variedades de vide.

Así mesmo, poderán acollerse os agricultores que teñan por obxectivo renova-los seus viñedos envellecidos, ou os que pretendan cambia-lo marco de plantación mellorando a súa productividade, sempre e cando as variedades utilizadas sexan autóctonas ou recomendadas.

Artigo 2º.-Actividades subvencionables.

Serán subvencionables os seguintes investimentos necesarios para a implantación do viñedo:

Preparación do terreo, incluíndo a arrinca de cepas. Considerase a fertilización de fondo, a desinfección e as emendas, así como distintos traballos requiridos para a implantación da nova variedade.

Adquisición da planta. Os portaenxertos que se utilicen deberán proceder de viveiro autorizado.

Instalación de esteos, arames e demais material necesario para a plantación, conseguindo mellora-la rendibilidade da explotación reducindo custos, mellorando a calidade ou garantido a producción.

Artigo 3º.-Condicionantes de preferencia.

Terán preferencia na concesión destas axudas:

Os solicitantes que teñan a súa explotación en zonas de denominación de orixe, en zona desfavorecida ou ben en zona de concentración parcelaria.

Os solicitantes que sexan agricultores o título principal, titulares de explotacións agrarias prioritarias de acordo co establecido na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias.

O resto dos solicitantes.

En caso de solicitantes do mesmo grupo, terán preferencia as persoas xurídicas constituídas máis recentemente e logo os solicitantes de menor idade.

Artigo 4º.-Contía das axudas.

O investimento/UTA (Unidade de Traballo Agrario) non será superior a 11.145.000 ptas., e o investimento máximo/explotación será de 22.290.000 ptas.

A porcentaxe máxima de subvención para bens inmobles será do 30% do investimento auxiliable, se a explotación radica en zona desfavorecida, e do 26% no resto das zonas.

A superficie máxima subvencionable corresponderá a unha plantación de 2 ha, e 500 m será o mínimo de superficie atendible.

En ningún caso serán subvencionables plantacións de viñedo e regadío.

Artigo 5º.-Tramitación e resolución.

1. As solicitudes, para acollerse ás axudas que inclúe a presente orde, presentaranse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ata o 30 de abril do presente ano, preferentemente nas oficinas locais ou provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, utilizando o impreso normalizado do anexo I.

2. A solicitude deberá ir acompalada da seguinte documentación:

a) Agricultores individuais:

Fotocopia compulsada do DNI ou NIF.

Fotocopia compulsada da declaración da renda das persoas físicas correspondente ó último exercicio económico.

Fotocopia compulsada do boletín de cotización á Seguridade Social dos tres últimos meses, ou ben certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social de estar ó día na cotización.

Acreditación de non ter pendente de pagamento ninguha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Acreditación da existencia de dereitos de replantación debidamente formalizados mediante impreso oficial A: declaración de arrinca de viñedo para dereito de replantación, de acordo coa lexislación vixente en materia de plantación de viñedo.

b) Asociacións con personalidade xurídica:

b.1. Asociacións con personalidade xurídica que teñan a actividade agraria como actividade principal:

Fotocopia compulsada do CIF da asociación.

Fotocopia compulsada da declaración da renda das persoas físicas, correspondente ó último exercicio económico, de alomenos o 50% dos socios.

Fotocopia compulsada do boletín de cotización á Seguridade Social, correspondente ós tres últimos meses, de alomenos, o 50% dos socios.

Acreditación da existencia de dereitos de replantación debidamente formalizados mediante impreso oficial A: declaración de arrinca de viñedo para dereito de replantación, de acordo coa lexislación vixente en materia de plantación de viñedo.

Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de estar ó día no cumprimento das súas obrigas fiscais.

Acreditación de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Documentos TC1 xustificativo de estar ó día na cotización á Seguridade Social.

b.2. Outras asociacións con personalidade xurídica:

Fotocopia compulsada do CIF da asociación.

Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de estar ó día na cotización á Seguridade Social.

Acreditación de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Documento TC1 xustificativos de estar ó día na cotización á Seguridade Social.

Acreditación da existencia de dereitos de replantación debidamente formilizados mediante impreso oficial A: declaración de arrinca viñedo para dereito de replantación, de acordo coa lexislación vixente en materia de plantación de viñedo.

3. As delegación provinciais remitirán un informe sobre as solicitudes recibidas á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, que emitirá a proposta correspondente para a súa aprobación polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Artigo 6º.-Prazo de realización dos investimentos.

1. As melloras aprobadas deberán estar realizadas antes do 31 de maio de 1999. O beneficiario comunicará esta circunstancia, antes da citada data, nas oficinas da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria xuntando as facturas e xustificantes do investimento, para que, feitas as comprobacións oportunas, proceda a delegación provincial a efectua-la corrrespondente proposta de pagamento.

Entre os documentos que terán que presentar figura a solicitude de autorización para a plantación de viñedo debidamente formalizada mediante impreso oficial P: solicitude de autorización para plantación de viñedo, de acordo coa lexislación vixente en materia de plantación de viñedo.

2. No caso de que, por causa xustificada, o beneficiario non realizase os investimentos no devandito prazo, a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, por solicitude del, poderá concede-la correspondente prórroga para a execución das melloras.

Artigo 7º.-Financiamento.

No exercicio de 1999 este programa financiarase con cargo ó concepto orzamentario 09.03.614-A.776.0 reestructuración e reconversión do viñedo dotado con 30.000.000 de ptas, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

Disposición transitoria

As solicitudes formuladas ó abeiro da orde do 4 de maio de 1998 axudas para a reestructuración do viñedo en Galicia, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada, serán tidas en conta na presente convocatoria, salvo indicación do interesado en sentido contrario. A tramitación dos expedientes continuará desde o trámite no que se encontrase ó termo do exercicio anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria para dicta-las instrucións precisas para a aplicación da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria