Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 525

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998 pola que se nomea catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de radioloxía e medicina física, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde, a Dionisio García Pomar (praza 110/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19 de decembro) para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da área de coñecemnto de radioloxía e medicina física, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde, a prol de Dionisio García, con documento nacional de identidade número 18.410.474, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Dionisio García Pomar catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de radioloxía e medicina física, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencia da Saúde.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de decembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

83