Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 525

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a Claudio Cameselle Fernández (praza 105/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 5 de decembro de 1997 (BOE do 19) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a prol de Claudio Cameselle Fernández, con documento nacional de identidade número 36.085.671, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Claudio Cameselle Fernández profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de decembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

11892