Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 514

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

O Decreto 309/1998, do 6 de novembro (DOG nº 226, do 20 de novembro), aproba a oferta de emprego público do persoal das II.SS. do Sergas para os anos 1998-2000.

Procede agora acordar e publica-las bases que van rexe-las distintas convocatorias, comezando por aquelas categorías que se especifican no anexo da oferta para o ano 1998.

Xa que logo, este centro directivo, despois da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario ó Servicio da Comunidade Autónoma e no uso das competencias que ten delegadas polo artigo 4 c) da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, consonte as seguintes bases:

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase concurso-oposición para o acceso ás categorías que se especifican no anexo I da presente resolución.

2. O número de prazas que se van cubrir neste concurso-oposición é o que se especifica, para cada unha das categorías, no citado anexo I, con expresión do número de prazas reservadas ás quendas de acceso libre, promoción interna e, se é o caso, reserva do 3% para minusválidos conforme co establecido no artigo 9.2º do Decreto 309/1998, do 10 de marzo, e todo isto sen prexuízo do disposto no seu artigo 1.2º.

3. As prazas non cubertas polas quendas de promoción interna e, se é o caso, de reserva para minusválidos, acumularanse ó sistema de acceso libre.

4. Os aspirantes só poderán participar nunha das quendas á que se fai referencia nos parágrafos anteriores. Se da instancia que presenten non se deducira a súa opción ou non se puidesen demostra-los requisitos para o acceso polas quendas especiais, entenderase que participan pola quenda de acceso libre.

5. Sen prexuízo do disposto nos números anteriores, os tribunais que se nomeen, terán que resolver, tanto na fase de oposición como na fase de concurso, tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación das presentes bases, así como as situacións derivadas daqueles casos non recollidos nelas, axustándose, en todo momento, ó establecido na lexislación do procedemento administrativo común.

Segunda.-Requisitos dos candidatos.

Tódolos requisitos esixidos na presente base deberán ser posuídos polos aspirantes, de calquera quenda de acceso, na data en que finalice o prazo de presentación de instancias e terán que se manter ata a toma de posesión como persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

1. Requisitos comúns para tódalas quendas de acceso:

a) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou dalgún país que subscribise tratado internacional nos termos establecidos na disposición adicional única da Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24), sobre o acceso a determinados sectores da Función Pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea. Este requisito deberao facer constar expresamente o aspirante no espacio que para tal efecto figura na instancia.

b) Ter feitos dezaoito anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación.

c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desempeño das correspondentes funcións.

d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

e) Ter aboadas as taxas por dereito de exame.

f) Estar en posesión da titulación que, para cada unha das categorías que se convocan, se especifican no anexo I da presente resolución.

g) Non ter nomeamento en propiedade como persoal estatutario das institucións sanitarias do sistema nacional de saúde na mesma categoría á que se opta.

2. Reserva para minusválidos:

Naquelas categorías en que por razón do número de prazas convocadas se reservan prazas para prover

pola quenda para minusválidos, os aspirantes, ademais de posuíren os requisitos xerais, cómpre que sufran unha discapacidade igual ou superior ó 33%, recoñecida conforme a normativa vixente.

3. Promoción interna:

a) Te-la condición de persoal estatutario fixo ou de cadro en situacións de activo en calquera institución sanitaria dependente do Servicio Galego de Saúde, respecto das categorías convocadas, pertencente ó grupo de clasificación igual ou inferior ó da categoría á que se pretenda acceder. Os grupos de clasificación serán os establecidos no artigo 3 do Real decreto 3/1987, do 11 de setembro.

b) Ter completados dous anos de servicios efectivos con praza en propiedade nunha institución sanitaria do Servicio Galego de Saúde, pertencentes a un grupo igual, cos requisitos do parágrafo anterior, ou a un grupo inferior ó da categoría á que se pretende acceder.

Terceira.-Instancia.

1. Os que desexen participar no concurso-oposición terán que cubrir necesariamente o modelo de instancia xunto co modelo de autoliquidación de taxas, segundo as súas instruccións específicas, que será facilitado gratuitamente nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Na oficina de información ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servicio Galego de Saúde.

g) Nos servicios de persoal das administracións dos centros de xestión de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

h) Na Casa de Galicia en Madrid sita na rúa Casado de Alisal, número 8, 28014.

Así mesmo, enviaranse, para facilita-la súa difusión, ó Insalud e ás sedes centrais dos servicios de saúde das comunidades autónomas con competencias na materia.

2. A dita instancia terá que se cubrir conforme o establecido nas instruccións que se establecen nunha folla informativa complementaria.

En todo caso, unha vez que sexa debidamente rexistrada a solicitude e logo de separa-lo exemplar para o interesado, á folla do exemplar para a Administración deberá grampárselle, no espacio reservado na súa parte superior esquerda, o exemplar para a Administración do modelo de autoliquidación de

taxas unha vez realizada a transferencia na entidade bancaria correspondente, xunto cunha fotocopia do documento nacional de identidade.

3. O prazo para a presentación das instancias será o dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. As instancias para participar no concurso-oposición poderán presentarse no rexistro xeral dos centros referidos no parágrafo primeiro desta base, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Por imperativo legal, conforme co disposto no artigo 30 da Lei 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1998 que modifica o punto 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, terán de satisfacerse dereitos de exame que ascenderán á cantidade de 10.030 pesetas para categorías pertencentes ó grupo A (técnico da función administrativa), 8.770 pesetas para categorías pertencentes ó grupo B (xestión da función administrativa, asistente social, logopeda, ATS/DUE, matrona e fisioterapeuta), 7.515 pesetas para categorías pertencentes ó grupo C (TEL, TER, TEAP, hixienista dental e cociñeiro) e 6.265 pesetas para categorías pertencentes ó grupo D (auxiliar de enfermería, auxiliar da función administrativa e persoal de servicios xerais), e 5.015

para categorías pertencentes ó grupo E (celador e pinche), que serán ingresadas mediante transferencia bancaria nunha das entidades bancarias relacionadas no reverso do modelo de autoliquidación de taxas que se facilitarán xunto coa instancia.

6. Os aspirantes interesados en participar en máis dunha categoría das ofertadas, deberán utilizar unha única instancia, sinalando as diferentes categorías ás que se presentan, agás que se acceda con quendas de acceso diferentes. Igualmente, nun único modelo de autoliquidación de taxas consignarán as categorías e sumarán os importes dos dereitos de exame correspondentes ó grupo ou grupos referidos no parágrafo anterior.

En caso de erros ou omisión na consignación de categoría ou categorías, así como de discrepancia co importe autoliquidado, o listado provisional de admitidos e excluídos establecerá unha lóxica asignación por defecto, ou ben unha exclusión completa, que será emendable durante o prazo fixado no número 3 da base cuarta.

7. A simple transferencia do ingreso non suporá en ningún caso a substitución do trámite de presentación do modelo de instancia no prazo e na forma prevista na presente base.

8. Os aspirantes con minusvalidez, opten ou non opten por participar na quenda reservada para minusválidos poderán sinalar na instancia, as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando esta adaptación sexa necesaria. As devanditas adaptacións non desvirtuarán, en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos aspirantes.

9. En todo caso, os tribunais reservaranse o dereito a esixir que se acrediten convenientemente a existencia ou non de calquera requisito de participación dos aspirantes en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

10. A consignación de datos falsos na instancia ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do aspirante tanto o erro na súa consignación, coma a comunicación ó Servicio Galego de Saúde de calquera cambio del.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Rematado o prazo de presentación de instancias, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde procederá á clasificación e revisión das presentadas para cada unha das categorías convocadas. Rematado o dito proceso, o mesmo centro directivo dictará resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, para cada unha das citadas categorías.

2. A dita resolución publicaráse no Diario Oficial de Galicia, e terá que indica-lo lugar ou lugares nos que se poderán examina-los listados de aspirantes admitidos e excluídos.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de reparación presentadas, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará na forma descrita no número 2 da presente base, as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluidos para cada categoría. Para tal efecto a estimación, ou se é o caso, desestimación das ditas peticións de reparación entenderanse implícitas na resolución que publique os ditos listados definitivos.

5. Devolveránselle-los dereitos de exame ós aspirantes excluídos definitivamente do concurso-oposición sempre e cando o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución a que se refire o punto anterior e utilicen para isto o modelo que figura como anexo II á presente resolución, ache

gando obrigatoriamente copia da instancia e do modelo de autoliquidación de taxas.

6. O listado definitivo de aspirantes admitidos incluirá a sede asignada pola Administración para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición naquelas categorías nas que, en atención ó número de aspirantes e a dispoñibilidade de lugares para a súa realización sexa necesaria establece-la oportuna distribución territorial. En todo caso a opción indicada polo aspirante na súa instancia terá carácter meramente orientativo e non vinculante para tal efecto.

Contra a dita asignación efectuada non caberá reclamación ningunha.

Quinta.-Tribunais.

1. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das categorías que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante, e publicarase para o efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia cunha antelación dun mes, como mínimo, á realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Correspóndenlles ós tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e á cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o desenvolvemento correcto das probas selectivas.

2. Os tribunais serán únicos para cada categoría, non obstante, na categoría do grupo técnico da función administrativa poderá acordarse, se é o caso, o nomeamento dun tribunal distinto para cada unha das dúas modalidades, xurídica ou económica, que os aspirantes terán que elixir necesariamente no chamamento para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

No suposto de que se acordase nalgunha categoría das que se convocan a realización do primeiro exercicio da fase de oposición en dúas ou máis sedes, o tribunal correspondente poderalle propoñer á autoridade convocante a designación dunha comisión delegada del que coordine na sede da que se se trate a execución material do acto de realización do dito exercicio da fase de oposición, para garanti-la súa simultaneidade.

3. Os tribunais terán a súa sede, para efectos de comunicacións e incidencias, na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, sita en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, podendo dispoñer que nesta sede unha persoa, membro ou non deles, ou unha unidade administrativa, atenda, no posible, cantas cuestións sexan formuladas en relación co concurso-oposición.

4. Os tribunais estarán compostos dun número de membros non inferior a cinco, debendo designarse

o mesmo número de membros suplentes. Tódolos membros do tribunal, tanto titulares como suplentes, deberán atoparse en posesión de titulación de igual ou superior nivel académico á esixida para o ingreso na categoría correspondente. O secretario do tribunal terá, en todo caso, voz e voto.

Un dos vocais que integran o tribunal poderá exerce-la súa función en representación da Escola Galega de Administración Sanitaria.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos dos asesores especialistas ou de apoio que estime oportunos. Os ditos asesores limitaranse a presta-la súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

5. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles algunhas das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando nos cinco anos anteriores á convocatoria realizaran tarefas específicas de preparación de aspirantes para o ingreso na mesma categoría estatutaria. O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incurso nas circunstancias á que se fai referencia neste número. Así mesmo os aspirantes poderán recursa-los membros do tribunal cando ó seu xuízo concorran as ditas circunstancias.

6. A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomea os seus novos membros do mesmo que teñan que substituír ós que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como ós substitutos daqueles.

7. Logo de convocatoria do presidente, constituirase o tribunal con asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá acorda-la autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que celebre sen necesidade de citación por escrito ós seus membros.

8. Os tribunais que actúen no presente concurso-oposición terán unha das categorías previstas no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de febreiro, conforme o acordado polo órgano competente na materia.

Sexta.-Procedemento de selección.

Conforme co establecido no artigo 4.1º do Decreto 309/1998, do 6 de novembro, o sistema de selección será o de concurso-oposición para tódalas categorías que se convoquen.

A) Fase de oposición:

1. A fase de oposición, en cada unha das categorías que se convocan, consistirá na realización dos exercicios que, para cada unha delas, se enumeran no anexo III da presente resolución e coa forma e sistema de cualificación descrita. No devandito anexo especifícase tamén o Diario Oficial de Galicia no que se publicou o programa correspondente.

2. Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles ós tribunais establece-los criterios de corrección das probas. Tales criterios de corrección realizaranse con base no disposto no devandito decreto de oferta, no que se establece que superarán os exercicios eliminatorios da fase de oposición aqueles aspirantes que acaden o 50% da puntuación máxima asignada a cada unha das probas de tal carácter. As respostas incorrectas, nos exercicios eliminatorios de tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un 25% da puntuación asignada á resposta correcta. Os aspirantes que non superen ou obteñan o 50% da puntuación fixada como máxima nos anexos para cada unha das categorías e probas, resultarán eliminados.

3. As datas de celebración das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 10 días naturais de antelación.

4. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición tipo test sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, excluíndose aqueles que teñan exercicios nos que figuren marcas ou figuras que permitan coñece-la identidade do opositor. Ó remate das probas tipo test entregaráselle a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame. A plantilla de respostas correctas publicarase con posterioridade a este.

5. O primeiro exercicio da fase de oposición, que non se celebrará antes do 1 de abril de 1999, realizarase no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal terá que publicar no Diario Oficial de Galicia.

6. As probas de carácter práctico serán fixadas polo tribunal de acordo co previsto nos anexos destas bases para cada categoría.

7. Cando se trate de exercicios que teñan que ser lidos perante o tribunal, a orde de chamamento dos aspirantes para a realización do acto de lectura que, en todo caso, terá que ser pública, iniciarase por aqueles o primeiro apelido dos cales comece pola letra B, conforme co sorteo celebrado para o efecto pola Dirección Xeral da Función Pública, anunciado por Resolución do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 62, do 1 de abril).

En ámbolos supostos, os sucesivos chamamentos realizaranse a través do taboleiro de anuncios existente no lugar no que se celebre a dita lectura e terán que levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. A cualificación dos aspirantes que

superaran o exercicio lido ante o tribunal, farase público ó termo de cada sesión.

8. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polos membros do tribunal coa finalidade de acreditaren a súa personalidade.

9. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, e serán excluídos do concurso-oposición os que non comparezan.

10. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algún dos aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, debe propoñe-la súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades nas que puidesen incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

11. Se o tribunal, de oficio, ou de acordo coas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes ó da realización da proba, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas.

12. Trala oportuna publicación das puntuacións dos exercicios da fase de oposición, os interesados poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación referida no punto anterior.

13. O tribunal poderá acordar nos exames tipo test, a inclusión de preguntas reserva que deberán ser contestadas obrigatoriamente polos aspirantes, ampliándose en tal suposto e de forma proporcional o tempo de realización do exercicio.

14. Sen prexuízo do carácter eliminatorio dos distintos exercicios da fase de oposición, o tribunal poderá facer que superasen a fase de oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

B) Fase de concurso:

1. Rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia no que se declarará rematada a fase de oposición e abrirá un prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación para que os ditos aspirantes presenten nos lugares indicados na base terceira punto 4 a documentación acreditativa dos méritos que aleguen. Se algún aspirante non presenta documentación ningunha, o tribunal, de oficio, outorgáralle cero puntos na dita fase de concurso.

Xunto coa documentación baremable, deberase tamén achegar inescusablemente:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría, segundo o disposto no anexo I desta resolución.

c) Os participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda desta resolución.

2. Conforme o establecido no Decreto 309/1998, do 6 de novembro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder do 40% da puntuación máxima acadable na fase de oposición.

3. Dentro desta fase de concurso valoraranse os servicios prestados na categoría correspondente nunha institución sanitaria do sistema nacional de saúde. Con menor puntuación valoraranse os servicios prestados na Administración sanitaria pública en posto do mesmo contido funcional coa categoría á que opta. Así mesmo, valoraranse, con menor puntuación, os servicios prestados noutra categoría do sistema nacional de saúde, e tamén con menor puntuación noutra Administración sanitaria, en praza de distinto contido funcional á que opta.

Os servicios prestados en postos directivos, valoraranse de acordo coa titulación do aspirante, na praza básica que resulte axeitada ás funcións desenvolvidas.

Na fase de concurso os servicios prestados en postos de xefatura/coordinación/supervisión, computaranse como prestados na praza básica desde a que se obtivo o dito nomeamento.

A puntuación destes servicios prestados será a que resulte de aplicar, para cada categoría, o baremo previsto no anexo IV da presente resolución.

4. Igualmente, acompañarase, mediante orixinal ou fotocopia compulsada, os documentos acreditativos dos méritos comprendidos dentro do apartado de formación, e que se relacionan no anexo IV da presente resolución.

5. Tanto a valoración dos servicios prestados como da formación que compoñen esta fase de concurso enténdense referidas ó día de finalización do prazo para a presentación de instancias para tomar parte na fase de oposición á que fai referencia o número 3 da base terceira da presente resolución.

6. Os tribunais poderán recabar de oficio dos aspirantes ou de calquera Administración pública a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegura-la máxima obxectividade na outorgación da puntuación nesta fase de concurso.

7. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante no apartado de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso. Contra a baremación os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

8. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas. A dita relación indicará as diferentes quendas de acceso, así como os aspirantes definitivamente seleccionados, elevando a dita relación á autoridade convocante.

9. O sistema de desempate efectuarase a favor dos aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e de persisti-lo empate, pola maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo á súa orde de realización. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do aspirante con maior puntuación no apartado de experiencia e de ser necesario no apartado de formación da fase de concurso. Por último, decidiría a maior idade do aspirante.

10. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

Sétima.-Promoción interna.

1. Conforme co establecido no Decreto 309/1998, do 6 de novembro, a fase de oposición e de concurso polo sistema de promoción interna terá o mesmo contido que para o resto de aspirantes das quendas de acceso libre e, se é o caso, de reserva para minusválidos.

2. Na fase de concurso os tribunais asignarán unha puntuación adicional, que non poderá exceder do 15% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición, nos termos reflectidos no anexo V da presente resolución.

Oitava.-Elección de destino.

1. Recibida pola autoridade convocante a proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición na categoría correspondente, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se ofre

cen ós aspirantes seleccionados e se citen estes para o acto de elección de destino.

2. Conforme co establecido no artigo 3.3º do Decreto 309/1998, do 6 de novembro, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente categoría, co réxime xurídico propio do estatuto correspondente e coa estructura retributiva establecida no Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro.

3. As prazas adxudicaranse entre os aspirantes pola orde de puntuación alcanzada no concurso-oposición con preferencia en favor dos aspirantes que accederon polo sistema de promoción interna, quedando obrigados estes á elección dalgunha das prazas ofertadas.

4. Para os únicos efectos de elección de destinos, os aspirantes que superaran o concurso-oposición pola quenda reservada a minusválidos, intercalaranse en razón da puntuación total obtida no concurso-oposición entre os aspirantes que o superaron polo sistema de acceso libre.

5. A solicitude que no acto de elección de destino formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable. Terán que comparecer ó dito acto provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade. Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

En todo caso, deberán achegar neste momento a seguinte documentación:

a) Certificado médico en modelo oficial de non padecer limitacións físicas ou psíquicas para o desenvolvemento do posto de traballo.

b) Declaración xurada ou promesa de non ser incompatible consonte a lexislación vixente e de non estar inhabilitado por expediente disciplinario ou sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

6. Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten praza na forma descrita nos números anteriores.

No suposto de que algún aspirante resulte excluído por tal causa do concurso-oposición, a autoridade convocante procederá a cubri-las prazas ofertadas e non solicitadas entre os aspirantes que cumpran coas condicións esixidas nestas bases que superasen a fase de oposición e non fosen seleccionados no concurso-oposición.

A dita cobertura será realizada pola autoridade convocante segundo a orde de puntuación acadada polos aspirantes no proceso selectivo, e quedará expresamente facultada para, nestes supostos, altera-la proposta inicial do respectivo tribunal.

Novena.-Curso selectivo, nomeamento e toma de posesión.

1. Celebrado o acto de elección de destino, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde convocará no Diario Oficial de Galicia os aspirantes, coas condicións e circunstancias que se establezan, para realizar un curso selectivo de carácter teórico-práctico, impartido pola Escola Galega de Administración Sanitaria, que será cualificado coa consideración de apto ou non apto, de conformidade co disposto no artigo 7 do Decreto 309/1998, do 6 de novembro.

2. Unha vez superado con declaración de aptitude o dito curso, a autoridade convocante publicará unha resolución no Diario Oficial de Galicia declarando rematado o concurso-oposición, nomeando os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde na categoría correspondente e adxudicando con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

3. Os nomeados disporán dun prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo do dito prazo iniciarase o día seguinte ó da publicación á que se refire o número anterior. A toma de posesión da dita praza efectuarase no centro de xestión ó que pertenza esta. De non producirse a devandita toma de posesión, sen causa xustificada, quedará sen efecto o nomeamento e perderán tódolos dereitos derivados da súa participación no proceso selectivo.

4. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cese do persoal temporal que, no seu caso, as ocupe.

Décima.-Norma derradeira.

1. A presente convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición e os que participen nel.

2. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola autoridade convocante, poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto nas leis.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO I

PERSOAL SANITARIO NON FACULTATIVO

Categoría

Grupo

Acceso

libre

Promoción

interna

Reserva

minusválidos

Número

total

Titulación esixida

ATS/DUEB2609011361ATS/DUE

MatronaB62-8ATS/DUE, especialidade enfermería obstétrico-xinecolóxica

FisioterapeutaB62-8ATS/DUE-especialista en fisioterapia ou diplomado universitario en fisioterapia

TELC228131Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, especialidade laboratorio

TERC144119Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, especialidade radiodiagnóstico

TEAPC62-8Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, especialidade anatomía patolóxica

Hixienista dentalC92-11Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, especialidade hixienista dental

Auxiliar enfermeríaD194678269Formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria ou técnico en coidados auxiliares de enfermería

PERSOAL NON SANITARIO

Categoría

Grupo

Acceso

libre

Promoción

interna

Reserva

minusválidos

Número

total

Titulación esixida

Grupo técnico da función Admva.A6 modalidade xurídica

4 modalidade económica

2 m. xurídica

2 m. económica

-13Doutor, licenciado, arquitecto ou equivalente

Grupo de xestión da función Admva.B103114Enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente

Traballador socialB103114Asistente social ou diplomado en traballo social

LogopedaB3--3Diplomado universitario en logopedia ou especialización homologada (O. 4-3-1997, DOG nº 66, do 8 de abril)

CociñeiroC62-8Bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente

Auxiliar Admvo.D117405162Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente

Persoal de servicios xeraisD3813253Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente

CeladorE187658260Certificado de escolaridade

PincheE6021384Certificado de escolaridade

ANEXO II

SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DE DEREITOS DE EXAME

D./Dª,

con DNI nº, domiciliado/a en

teléfono de contacto.................., tendo optado á categoría de persoal estatutario de,

de conformidade coa base cuarta.5 da correspondente convocatoria, achegando copia da instancia e do modelo de autoliquidación de taxas,

SOLICITO:

A devolución efectiva dos dereitos de exame na seguinte conta:

Entidade bancaria:

Axencia:

Nº de conta:

Asino a presente solicitude en (lugar) a (data)

(Asinado)

Director Xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO III

EXERCICIOS DA FASE DE OPOSICIÓN

A) Técnico da función administrativa:

1º Exercicio (eliminatorio): consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de 3 horas, o tema de carácter xeral que resulte determinado mediante sorteo ó chou, de entre os propostos polo tribunal, en relación cos contidos do programa para cada unha das modalidades, sen ter que aterse necesariamente a epígrafe concreto.

Este exercicio terá que ser lido obrigatoriamente ante o tribunal polo aspirante, apreciándose, fundamentalmente, a capacidade e formación xeral, a precisión e rigor na exposición e a claridade de ideas.

Unha vez iniciada a exposición do tema, o tribunal poderá decidir que o aspirante abandoe a proba por estima-la súa actuación notoriamente insuficiente.

Rematada a intervención, o tribunal poderá dialogar co opositor durante dez minutos sobre aspectos do tema desenvolto.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio): resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos, no tempo máximo de 4 horas, relacionados coas materias específicas do programa segundo a modalidade xurídica ou económica elixida.

Para a realización deste exercicio os aspirantes poderán utilizar toda clase de textos normativos non comentados que consideren axeitados. Nesta proba valoraráse o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas a prol da elaboración dunha proposta razoada.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

3º Exercicio (eliminatorio): nun prazo máximo de 4 horas 30 minutos, os aspirantes terán que desenvolver por escrito tres temas, un da parte común e dous da parte específica, sorteados ó chou polo tribunal.

Neste exercicio valoraranse, especialmente, os coñecementos e a orde das ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública ante o tribunal, que poderá dialogar co opositor durante 10 minutos sobre aspectos dos temas desenvoltos.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

4º Exercicio galego (obrigatorio e non eliminatorio): consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 35 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo ó grupo de técnico da función administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo).

B) Xestión da función administrativa:

1º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito dun cuestionario de 150 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 3 horas e 45 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito a tres supostos prácticos de 25 preguntas, cada un deles, con respostas alternativas, baseados no contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 45 puntos.

3º Exercicio (eliminatorio): nun prazo máximo de 3 horas, os aspirantes terán que desenvolver por escrito 2 temas, sorteados ó chou polo tribunal.

Neste exercicio valoraranse, especialmente, os coñecementos e a orde das ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública ante o tribunal, que poderá dialogar co opositor durante 10 minutos sobre aspectos dos temas desenvoltos.

Este exercicio será valorado de 0 a 45 puntos.

4º Exercicio galego (obrigatorio e non eliminatorio): consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 35 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo ó grupo de xestión da función administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo).

C) ATS/DUE, fisioterapeutas, traballadores sociais, logopedas, matronas:

1º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito dun cuestionario de 150 preguntas tipo test con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 3 horas e 45 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test de supostos prácticos con respostas alternativas sobre os temas do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría, para desenvolver nun prazo máximo de 2 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (obrigatorio e non eliminatorio): consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 35 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo ás categorías de ATS/DUE, e fisioterapeuta foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995 e nº 226, do 20 de novembro de 1998; traballador social, foi publicado no DOG nº 52, do 15 de marzo de 1995; logopedas e matronas, foi publicado no DOG nº 226, do 20 de novembro de 1998.

D) Hixienistas dentais, TEL, TER, TEAP:

1º Exercicio (eliminatorio): constestación por escrito dun cuestionario de 125 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 3 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito dun cuestionario de 80 preguntas tipo test de supostos prácticos con respostas alternativas, con base no contido do programa relacionado coas competencias profesionais da categoría, nun prazo máximo de 1 hora e 45 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (obrigatorio e non eliminatorio): consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 35 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo á categoría de hixienista dental foi publicado no DOG nº 226, do 20 de novembro de 1998; TER TEAP e TEL, foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995.

E) Cociñeiros:

1º Exercicio (eliminatorio): constestación por escrito dun cuestionario de 125 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 3 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio): consistirá na realización dunha proba de carácter práctico para demostración das aptitudes, destrezas e capacidade profesional en relación coas funcións propias da categoría, co tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (obrigatorio e non eliminatorio): consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 35 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo á categoría de cociñeiro foi publicado no DOG nº 87, do 8 de maio de 1995.

F) Auxiliares de enfermería:

1º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito dun cuestionario de 60 preguntas tipo test, de supostos prácticos con respostas alternativas, sobre os temas do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría de acceso, para desenvolver nun prazo máximo de 1 hora 45 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (obrigatorio e non eliminatorio): consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 35 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo á categoría de auxiliar de enfermería foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995.

G) Auxiliares da función administrativa, persoal de servicios xerais:

1º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio): consistirá na realización dunha proba a través da que se evidencie o coñecemento polos aspirantes da materia informática e da súa aplicación práctica, sobre manexo de paquetes ofimáticos (folla de cálculo e procesador de textos) en contorno office, co tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (obrigatorio e non eliminatorio): consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 35 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo á categoría de auxiliar da función administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995), e o de P.S.X. no DOG nº 226, do 20 de novembro de 1998.

H) Celadores e pinches:

1º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito de un cuestionario de 75 preguntas tipo test con respostas alternativas sobre o contido do progama, nun prazo máximo de 1 hora 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 100 puntos.

2º Exercicio (eliminatorio): contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test de supostos prácticos con respostas alternativas con base no contido do programa relacionado coas competencias profesionais da categoría, nun prazo máximo de 1 hora e 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 80 puntos.

3º Exercicio galego (obrigatorio e non eliminatorio): consistirá na contestación dun cuestionario de vinte preguntas con respostas alternativas no tempo máximo de 35 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 20 puntos.

O programa relativo á categoría de celadores e pinches foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995).

ANEXO IV

VALORACIÓN DA FASE DE CONCURSO

-Advertencia común a tódalas categorías:

O cómputo de servicios prestados enténdese por meses completos; coas fraccións de mes, debidamente totalizadas, efectuarase unha división enteira entre 30.

Fase de oposición: 200 puntos.

A puntuación máxima acadable pola fase de concurso será de: 80 puntos.

Puntuación máxima por servicios prestados: 70 puntos.

Puntuación máxima por formación: 10 puntos.

Primeiro.-Puntuación por experiencia profesional. A puntuación máxima polo conxunto desde apartado será de 70 puntos.

1. Puntuación por cada mes de servicios prestados con carácter temporal ou provisional na mesma categoría á que se opta nas II.SS. do sistema nacional de saúde: 0,73 puntos por mes.

2. Servicios prestados en distinta categoría á que se opta, nas II.SS. do Sistema Nacional de Saúde: 0,37 puntos por mes.

3. Puntuación por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias de outras administracións públicas, en praza, co mesmo contido funcional á que opta: 0,37 puntos. A puntuación máxima neste punto 3 será de 35,52 puntos.

4. Servicios prestados en institucións sanitarias de outras administracións públicas en praza con distinto contido funcional que á que opta: 0,19 puntos por mes. A puntuación máxima neste punto 4 será de 18,24 puntos.

Segundo.-Valoración e cómputo do apartado de formación posgraduada.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados, e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella e colexios oficiais das distintas profesións ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

De 20 a 60 horas: 1 punto.

De 61 a 200 horas: 2 puntos.

De 201 en adiante: 4 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas que tiveron virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua asinado coas centrais sindicais e o Sergas, terán a seguinte valoración:

De 20 a 60 horas: 2 punto.

De 61 a 200 horas: 3 puntos.

De 201 en adiante: 6 puntos.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/o do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e remate, o contido deste e a localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme a unha disposición normativa que regule as características xerais deles será innecesario acreditados conforme se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente acreditativo a certififación de asistentencia a el (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

Calquera tipo de cursos dos especificados nos parágrafos anteriores cunha duración inferior a 20 horas, ou ben que non acrediten duración ningunha, computaranse con 0,25 puntos.

ANEXO V

PROMOCIÓN INTERNA

Normas xerais para tódalas categorías (máximo 20 puntos):

-Valoración do contido funcional, de se-lo caso (máximo 14 puntos):

a) Por praza en propiedade no mesmo grupo de clasificación e no mesmo estatuto: 14 puntos.

b) Por praza en propiedade en distinto grupo de clasificación e no mesmo estatuto: 10 puntos.

c) Por praza en propiedade no mesmo grupo de clasificación e distinto estatuto: 6 puntos.

d) Por praza en propiedade en distinto grupo de clasificación e distinto estatuto: 3 puntos.

-Desempeño de postos (máximo 6 puntos):

a) Desempeño de postos directivos (directores e subdirectores): 6 puntos.

b) Desempeño de postos de xefatura de servicio e sección ou supervisión de área ou unidade, con nomeamento expedido para o efecto polo órgano competente: 4 puntos.

c) Desempeño de postos de xefatura de grupo ou equipo, con nomeamento expedido para o efecto polo órgano competente: 2 puntos.

73